Cryptococcus

xénero de fungos From Wikipedia, the free encyclopedia

Cryptococcus
Remove ads

Cryptococcus é un xénero de fungos da familia Cryptococcaceae que inclúe tanto especies filamentosas coma de tipo lévedo. As formas sexuais filamentosas ou teleomorfos eran antes clasificadas no xénero Filobasidiella, mentres que Cryptococcus se reservaba para as de tipo lévedo. Porén, a maioría das especies de lévedos denominadas antes Cryptococcus están agora situadas en diferentes xéneros. Algunhas especies de Cryptococcus causan a doenza chamada criptococose.

Máis información Clasificación científica, Especie tipo ...
Remove ads

Taxonomía

O xénero foi descrito polo micólogo francés Jean Paul Vuillemin en 1901, cando non conseguiu atoparlle as ascósporas características do xénero Saccharomyces ao lévedo previamente coñecido como Saccharomyces neoformans.[1] Despois, engadíronse uns 300 nomes máis a este xénero, case todos os cales foron posteriormente retirados seguindo as investigacións moleculares baseadas en análises cladísticas de secuencias de ADN. Como resultado, actualmente recoñécense moitas menos especies dentro de Cryptococcus.[2]

O teleomorfo foi descrito por primeira vez en 1975 pola investigadora K.J. Kwon-Chung, quen obtivo cultivos da especie tipo, Filobasidiella neoformans, cruzando cepas do lévedo Cryptococcus neoformans. Conseguiu observar basidios similares aos do xénero Filobasidium, de aí o nome Filobasidiella que lle deu daquela a este novo xénero.[3] De acordo cos cambios aplicados no Código Internacional de Nomenclatura para Algas, Fungos e Plantas, a práctica de darlle nomes diferentes ás formas teleomorfas e anamorfas deixou de seguirse, o que significa que Filobasidiella se converteu en sinónimo de nome máis antigo Cryptococcus.

Remove ads

Características xerais

As células da especie que produce a forma de lévedo están cubertas por unha fina capa de material capsular glicoproteínico que ten consistencia xelatinosa e que, entre outras funcións, serve para axudar a extraer nutrientes do solo. A cápsula de C. neoformans consta de varios polisacáridos, dos cales o principal é o polisacárido inmunomodulatorio chamado glicuronoxilomanano (GXM).[4] O GXM está formado polos monosacáridos ácido glicurónico, xilosa e manosa e pode tamén conter grupos O-acetilo. A cápsula funciona como principal factor de virulencia na infección e doenza criptocócica.[5]

Algunhas especies de Cryptococcus teñen unha enorme diversidade a nivel infraespecífico con diferentes tipos moleculares baseados nas súas diferenzas xenéticas, principalmente debido á súa distribución xeográfica, características moleculares e nichos ecolóxicos.[6]

As especies de Cryptococcus non se sabe que produzan corpos frutíferos visibles diferenciados. Todas as formas teleomorfas parecen ser parasitos doutros fungos. En teleomorfos as hifas son incoloras, poden ter conexión de fíbula ou non, e teñen células haustorias con filamentos que se unen ás hifas dos fungos hóspedes.[7][8] Os basidios teñen forma de maza e son moi alongados. As esporas orixínanse sucesivamente en catro loci no ápice (que ás veces é parcialmente septado). Estas esporas son liberadas pasivamente e moitas permanecen no basidio en cadeas, a menos que sufran alteracións.[3] Na especie tipo, as esporas xerminan para formar células de tipo lévedo, pero os estados de lévedo non se coñecen en todas as especies.

Remove ads

Hábitat, distribución e especies

Thumb
Preparación con tinguidura de Field que mostra especies de Cryptococcus no tecido pulmonar.
Artigo principal: Cryptococcus neoformans.

Cryptococcus neoformans é cosmopolita e é a especie do xénero máis importante medicamente. Coñécese principalmente por causar casos graves de meninxite e meningoencefalite en persoas que padecen a infección por VIH/SIDA. Pode tamén infectar receptores de transplantes de órganos e persoas que recibiron certos tratamentos contra o cancro.[9] No seu estado de lévedo, C. neoformans atópase en dexeccións de aves silvestres, con frecuencia nos pombos; cando o po deses excrementos se espalla polo aire, pode infectar humanos ou animis de compañía que o inhalen. Os humanos e animais infectados non transmiten a súa infección a outros.[9] Revisouse a taxonomía de C. neoformans: agora foi dividido en dúas especies: Cryptococcus neoformans sensu stricto e Cryptococcus deneoformans.[10][2]

Cryptococcus gattii (antes chamado C. neoformans var. gattii) é endémico das partes tropicais de África e Australia. Pode causar enfermidade en persoas non inmunocomprometidas. En estado de lévedo foi illado de árbores de eucalipto en Australia. A taxonomía de C. gattii tamén foi reformada; agora quedou dividido en cinco especies: C. gattii sensu stricto, C. bacillisporus, C. deuterogattii, C. tetragattii e C. decagattii.[10][2]

Cryptococcus depauperatus é parasito de Lecanicillium lecanii, un fungo entomopatóxeno, e atopouse en Sri Lanka, Inglaterra, os Países Baixos, a República Checa, e o Canadá.[8][11] Non se sabe que produza estado de lévedo.[12] Esta especie crece como filamentos ramificantes longos e é autofértil, é dicir, é homotálico.[13] Pode reproducirse sexualmente consigo mesmo no seu ciclo vital.[13]

Cryptococcus luteus é parasito de Granulobasidium vellereum, un fungo corticioide e atopouse en Inglaterra e Italia.[14] Non se sabe que produza estado de lévedo.[15]

Cryptococcus amylolentus foi illado orixinalmente como lévedo nos túneles que forman algúns escaravellos en árbores de África do sur. Forma un teleomorfo portador de basidios en cultivo.[16]

En abril de 2025, Species Fungorum (no Catalogue of Life) aceptaba 41 especies de Cryptococcus:[17]

  • Cryptococcus amylolentus (Van der Walt, D.B.Scott & Klift) Golubev (1981)
  • Cryptococcus asgardensis Vishniac & Baharaeen (1981)
  • Cryptococcus aureus (F.C.Harrison) M.Takash., Sugita, Shinoda & Nakase (2003)
  • Cryptococcus bacillisporus Kwon-Chung & J.E.Benn. (1978)
  • Cryptococcus baldrensis Vishniac & Baharaeen (1982)
  • Cryptococcus cavarae Pollacci & Turconi (1929)
  • Cryptococcus cellulolyticus Nakase, M.Suzuki, Hamam. & M. Takash. (1996)
  • Cryptococcus cereanus Phaff et al. (1974)
  • Cryptococcus consortionis Vishniac (1985)
  • Cryptococcus decagattii F.Hagen & Boekhout (2015)
  • Cryptococcus deneoformans F.Hagen & Boekhout (2015)
  • Cryptococcus depauperatus (Petch) Boekhout, Xin Z. Liu, F.Y. Bai & M. Groenew. (2015)
  • Cryptococcus deuterogattii F.Hagen & Boekhout (2015)
  • Cryptococcus elinovii Golubev (1979)
  • Cryptococcus ferigula Saëz & Rodr. Mir. (1988)
  • Cryptococcus festucosus Golubev & J.P.Samp. (2004)
  • Cryptococcus floricola Yurkov, A.R. Passer, M.A.Coelho, R.B.Billmyre, M.Nowrousian, Mittelbach, C.A.Cuomo, A.F.Averette, S.Sun & Heitman (2019)
  • Cryptococcus gattii (Vanbreus. & Takashio) Kwon-Chung & Boekhout (2002)
  • Cryptococcus hempflingii Vishniac & Baharaeen (1982)
  • Cryptococcus heveanensis (Groen.) Baptist & Kurtzman (1977)
  • Cryptococcus himalayensis Goto & Sugiy. (1970)
  • Cryptococcus hominis Vuill. ex Guég. (1907)
  • Cryptococcus lactativorus Fell & Phaff (1967)
  • Cryptococcus longus M.Takash., Sugita, Shinoda & Nakase (2001)
  • Cryptococcus lupi Baharaeen & Vishniac (1982)
  • Cryptococcus luteus (P.Roberts) Boekhout, Xin Zhan Liu, F.Y.Bai & M.Groenew. (2015)
  • Cryptococcus montanae Weijman, Rodr. Mir. & Van der Walt (1988)
  • Cryptococcus musci M. Takash., Sugita, Shinoda & Nakase (2001)
  • Cryptococcus mycelialis Golubev & N.W.Golubev (2003)
  • Cryptococcus neoformans (San Felice) Vuill. (1901)
  • Cryptococcus nyarrowii Thomas-Hall & K.Watson (2002)
  • Cryptococcus pseudolongus M.Takash., Sugita, Shinoda & Nakase (2001)
  • Cryptococcus ramirezgomezianus M.Takash., Sugita, Shinoda & Nakase (2001)
  • Cryptococcus saitoi Á.Fonseca, Scorzetti & Fell (2002)
  • Cryptococcus socialis Vishniac (1985)
  • Cryptococcus tetragattii F.Hagen & Boekhout (2015)
  • Cryptococcus tyrolensis Vishniac & Baharaeen (1982)
  • Cryptococcus uniguttulatus (Wolfram & Zach) Phaff & Fell (1970)
  • Cryptococcus watticus Guffogg, Thomas-Hall, P.Holloway & K.Watson (2004)
  • Cryptococcus wingfieldii (Van der Walt, Y.Yamada & N.P.Ferreira) Yurkov, A.R. Passer, M.A.Coelho, R.B.Billmyre, M.Nowrousian, Mittelbach, C.A.Cuomo, A.F.Averette, S.Sun & Heitman (2019)
  • Cryptococcus wrightensis Vishniac & Baharaeen (1982)
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads