Cumbraos, Monterroso
parroquia civil do concello de Monterroso From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
San Martiño de Cumbraos é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 41 habitantes, deles 22 eran homes e 19 eran mulleres, o que supón un aumento de 8 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cumbraos.
Remove ads
Toponimia
O topónimo Cumbraos ten orixe no asentamento de poboación nos séculos IX e X de grupos de xente chegados desde Coímbra.[2]
Patrimonio
A igrexa de San Martiño de Cumbraos foi construída orixinalmente en estilo románico. Destacan o seu arco triunfal, a portada de medio punto e varios canzorros con decoracións variadas.[3]
A igrexa forma un conxunto arquitectónico coa casa-torre de Cumbraos construída entre os séculos XV e XVI por mandato de Álvaro Gaioso e Osorio. É unha torre de planta rectangular con dous corpos e soto e cuberta a catro augas.[4]
Remove ads
Lugares e parroquias
Lugares de Cumbraos
Lugares da parroquia de Cumbraos no concello de Monterroso (Lugo) | |
---|---|
Parroquias de Monterroso
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Antas de Ulla.
- Detalle canzorros
- Fiestra
- Detalle Pórtico
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads