Cunca
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Unha cunca[1] é un recipiente. Este recipiente non só se emprega para conter tanto líquidos como grans, senón que tamén para beber. Algunhas cociñas internacionais, tal é así nas cociñas asiáticas coma a cociña xaponesa e a cociña chinesa, fan uso extensivo e intensivo da cunca como prato que pode conter unha sopa, infusión etc.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cunca (homónimos).
Remove ads
Historia

Sábese polas escavacións arqueolóxicas que as cuncas foron empregadas desde tempos inmemoriais. Os materiais máis empregados nas primeiras épocas eran de pedra ou madeira, e máis tarde de cerámica e finalmente vidro. Hoxe en día existen de plástico, porcelana, cerámica e metal.
Tamén hai cuncas que teñen unha soa asa que permite collelas con máis facilidade.
Galicia
En Galicia son típicas as cuncas para beber o viño, xeralmente feitas de barro.
Galería de imaxes
- Detalle do Floreano de Gogue, por Lucas Míguez.
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
