Cyndi Lauper

cantante estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Cyndi Lauper
Remove ads

Cynthia Ann Stephanie Lauper, coñecida como Cyndi Lauper, nada en Brooklyn (Nova York) o 22 de xuño de 1953, é unha cantante, actriz, compositora e produtora estadounidense moi popular na década dos 80. Vendeu máis de 60 millóns de copias dos seus álbums en todo o mundo e foi a primeira cantante feminina en colocar 4 singles dun mesmo traballo no top 5 do Billboard americano.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Comezou a súa carreira artística coma cantante de diversas bandas pero posteriormente decidiu emprender unha carreira en solitario. Así, en 1983 lanzou o seu primeiro álbum titulado She's So Unusual, do que vendeu só nos Estados Unidos máis de 4,5 millóns de copias conseguindo asemade colocar catro dos temas deste traballo no top 5 do Billboard americano: Girls Just Want to Have Fun, Time After Time, She Bop e All Through The Night. Nesta mesma época foi contratada para interpretar o tema principal da película The Goonies (1985), producida por Steven Spielberg.

En 1986 publicou o seu segundo traballo, True Colors, co que obtivo un nomeamento aos Grammy polo tema que dá nome ao disco. O seu terceiro álbum, A Night To Remember (1989), incluía o tema I Drove All Night, polo que acadou outro nomeamento aos premios Grammy dese ano, e que posteriormente sería versionado por Roy Orbison e Céline Dion

En 1990 participou no concerto The Wall in Berlin, celebrado a raíz da caída do muro. Tamén tomou parte nunha homenaxe realizada a John Lennon en Londres por petición da súa viúva, Yoko Ono. No ano 1993 publica o álbum Hat Full of Stars, que sería o máis aclamado pola crítica. En 1994, edita un recompilatorio de éxitos, "Twelve deadly cyns... and then some", no que o tema Hey now é unha versión reggae do seu éxito Girls just wanna have fun.

Posteriormente editaría outros traballos coma Sisters of Avalon (1996), composto integramente por ela; Merry Christmas... have a nive life (1997), un traballo natalicio con cancións tradicionais e temas novos; Shine (2001), que só se editou no Xapón; At last (2004), unha homenaxe aos grandes da música americana; The Body Acoustic (2005), no que reinventa os seus temas máis coñecidos xunto a outros artistas; e Bring Ya To The Brink (2008), con doce temas de baile inéditos, Memphis Blues(2010) con música do xénero blues.

Remove ads

Traballos

Discografía

  • She's So Unusual (1983)
  • True Colors (1986)
  • A Night to Remember (1989)
  • Hat Full of Stars (1993)
  • Twelve Deadly Cyns... and Then Some (1994)
  • Sisters of Avalon (1997)
  • Merry Christmas... Have a Nice Life (1998)
  • Shine (2001)
  • The Essential Cyndi Lauper (2003)
  • At Last (2004)
  • The Body Acoustic (2005)
  • Bring Ya To The Brink (2008)
  • Memphis Blues(2010)

DVD

  • Cyndi Lauper in Paris (1987)
  • Twelve Deadly Cyns... And Then Some (1995)
  • Live At Last (2004)

Filmes

  • Vibes: The Secret of the Golden Pyramids (1988)
  • O tesouro escondido (1990)
  • Give me a break (1993)
  • Mrs. Parker and the Vicious Circle (1994)
  • The opportunists (2000)
Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads