Décimo Xunio Bruto Galaico

xeneral romano From Wikipedia, the free encyclopedia

Décimo Xunio Bruto Galaico
Remove ads

Décimo Xunio Bruto Galaico (en latín: Decimus Junius M. f. M. n.[1] Brutus Gallaecus ou Callaecus ou Callaicus), nado en Roma en 180 a.C. ou 181 a.C. e finado en 113 a.C., foi un xeneral e político romano do século II a.C. Era fillo de Marco Xunio Bruto (cónsul no 178 a.C.) e irmán de Marco Xunio Bruto (pretor no 88 a.C.). Tivo un fillo tamén chamado Décimo Xunio Bruto (cónsul no 77 a.C.), e o seu neto foi Décimo Xunio Bruto Albino.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Thumb
Décimo Xunio Bruto cruzando o Lethes (hoxe río Limia). Foto da representación da Festa do Esquecemento.

Foi un dos máis importantes líderes dos optimates, unha facción política que apoiaba os intereses da aristocracia e que se oponía tanto aos tribunos da plebe (neste momento, os irmáns Graco) como aos populares, facción política que defendeu a causa dos pobres e quería reformas para axudalos.

O alcume (agnomen) de Galaico, vén de cando estaba ao mando das tropas en Hispania e levou a cabo as campañas de conquista da Gallaecia-. Tamén participou en campañas en Iliria.

Remove ads

Traxectoria

Consulado

Durante o seu consulado, no 138 a.C., el e mailo seu colega P. Cornelio Escipión Nasica opuxéronse aos tribunos plebeos. O tribuno plebeo Caio Curiato enviou a ámbolos dous cónsules á prisión[2] porque cando os tribunos plebeos pediron poder elixir a dez homes para eximilos do servizo militar, os cónsules non aceptaron.[3][4][5][6] Tamén se opuxeron á proposta dos tribunos de comprar grans do estranxeiro porque o prezo do gran subía. Escipión Nasica fixo un discurso que ponseguíu que plebe inqueda acougase.[7]

Campaña na Lusitania e conquista da Gallaecia

Dirixiu a campaña para estabilizar e castigar as tribos rebeldes do territorio ao norte do río Texo logo da morte de Viriato. Estableceu o seu cuartel nunha illa, identificada coa de Almourol, nas beiras do Texo, e fortificou Olisippo (Lisboa). No seu avance cara ao norte tivo que facer fronte a numerosos levaantamentos das poboacións locais. Fundou Valentia (Valença do Miño) cos superviventes do exército de Viriato e estableceu unha posición fortificada en Viseu.

Xa como procónsul, no ano 137 a.C. cruzou o río Douro e entrou no territorio dos callaeci ou galaicos, arredor do actual Porto, pero que deron nome a todos os pobos localizados máis ao norte, e chegou ao río Limia (Lethes). Ante a negativa dos seus soldados a cruzalo polo temor a perderen a memoria, Bruto cruzouno o primeiro, e os seus soldados seguírono ao veren que os chamaba polos seus nomes, e segundo conta Estrabón, chegou até o río Miño.

O Senado romano concedeulle o título de Callaicus no -36 a.C.

Thumb
Operacións militares romanas no noroeste da penínsua Ibérica.
A liña de cor lila sinala a campaña de Décimo Xunio Bruto no ano 137 a.C.
Predecesor:
Cneo Calpurnio Pisón e
Marco Popilio Lenas

Cónsul da República Romana
xunto con Publio Cornelio Escipión Nasica Serapio

138 a.C.
Sucesor:
Marco Emilio Lépido Porcina e
Caio Hostilio Mancino
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads