Dúas mulleres

filme de 1960 dirixido por Vittorio De Sica From Wikipedia, the free encyclopedia

Dúas mulleres
Remove ads

Dúas mulleres (en italiano: La ciociara) é un filme italiano de 1960 baseada na novela de 1957 La ciociara, escrita por Alberto Moravia.[1] Narra a historia dunha muller que intenta protexer a súa filla dos horrores da segunda guerra mundial; foi dirixida por Vittorio De Sica e protagonizada por Sophia Loren, Jean-Paul Belmondo, Raf Vallone, Eleonora Brown, Carlo Ninchi e Andrea Checchi.

Datos rápidos Autoría, Temática ...

Foi emitido na TVG o 21 de febreiro de 1992.[2]

Remove ads

Argumento

A historia xira arredor de Cesira (Sophia Loren) e a súa filla Rosetta (Eleonora Brown) durante o avance das tropas aliadas pola Península Itálica. Michele (Jean-Paul Belmondo), intelectual comunista co que establecen relación, é capturado polos alemáns. No seu intento por volver a Roma, refuxiadas nunha igrexa, madre e filla son violadas por goumiers das tropas coloniais francesas durante as chamadas Marocchinate.

Remove ads

Elenco

  • Sophia Loren .... Cesira
  • Jean-Paul Belmondo .... Michele Di Libero
  • Eleonora Brown .... Rosetta
  • Carlo Ninchi .... Filippo
  • Raf Vallone…Giovanni
  • Andrea Checchi .... un fascista
  • Pupella Maggio
  • Emma Baron .... Maria
  • Bruna Cealti
  • Antonella Della Porta

Premios

  • Sophia Loren recibiu o Oscar á mellor actriz. Foi a primeira vez que se entregou o premio a unha actuación en lingua diferente da inglesa.
  • Festival de Cannes: Sophia Loren, premio á mellor interpretación feminina.[3]
  • David di Donatello: Mellor actriz protagonista.
  • BAFTA á mellor actriz protagonista.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads