Jean-Paul Belmondo

actor francés (1933–2021) From Wikipedia, the free encyclopedia

Jean-Paul Belmondo
Remove ads

Jean-Paul Belmondo, nado en Neuilly-sur-Seine (departamento dos Altos do Sena) o 9 de abril de 1933 e finado en París o 6 de setembro de 2021, foi un actor francés de cine e teatro. Os seus maiores éxitos foron acadados moi cedo no cine. O seu pai foi o escultor parisiense (aínda que de orixe siciliana) Paul Belmondo (1898-1982).

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Thumb
Remove ads

Traxectoria

O seu salto á fama debeuse á súa participación na película de Jean-Luc Godard O final da escapada (1960), que o converteu nunha das principais figuras do movemento cultural coñecido como a Nouvelle Vague. Belmondo empregou intelixentemente o seu aspecto do alcume o home máis feo do cine francés mais á vez moi sedutor e fixo grande amizade co seu par-antítese Alain Delon.

No filme Pierrot le Fou, Jean-Luc Godard fixo que Jean-Paul Belmondo lese «L'histoire de l'art» de Élie Faure, mentres toma un baño. Con L'Homme de Rio (1965) a súa carreira tornouse cara a un cine máis comercial, principalmente comedias e películas de acción.

Jean-Paul Belmondo foi membro da Académie des Sports.

Remove ads

Filmografía

Lista non completa, falta información dos primeiros anos da súa carreira, en especial do período (1956-1964)

Remove ads

Traballos para televisión

  • 1959 : les Trois Mousquetaires, dirigido por Claude Barma.
  • 2001 : l'Aîné des Ferchaux, telefilme de Bernard Stora, no que Belmondo interpreta, 38 anos despois da adaptación cinematográfica de 1963, o papel que entón interpretou Charles Vanel, mentres que o rol que el representou naquela ocasión, interpretaríao a por aquel entón xove promesa do cine francés Samy Naceri.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads