Diclorodifenildicloroetano

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Diclorodifenildicloroetano
Remove ads

O diclorodifenildicloroetano (DDD) é un insecticida organoclorado que é lixeiramente irritante para a pel.[1] O DDD é un metabolito do DDT.[2] O DDD é incoloro e cristalino;[3] está estreitamente relacionado quimicamente e é similar en propiedades ao DDT, pero está considerado menos tóxico para os animais que o DDT.[4] A fórmula molecular do DDD é (ClC6H4)2CHCHCl2 ou C14H10Cl4, mentres que a fórmula do DDT é (ClC6H4)2CHCCl3 ou C14H9Cl5.

Datos rápidos Identificadores, Propiedades ...

O DDD está na clasificación de carcinóxenos no “Grupo B2”, o que significa que é un probable carcinóxeno para os humanos. Isto está baseado nun incremento da incidencia de cancro de pulmón en machos e femias de rato, e de cancro hepático en machos de rato, e cancro de tiroide en machos de ratas. Outro dato é que o DDD é un metabolito do DDT e moi similar a este, o cal é outro probable carcinóxeno humano.[2]

O DDD é unha molécula estable que resiste moito no tempo, polo que mesmo en países onde xa non está rexistrado para uso agrícola como Estados Unidos, a poboación xeral continúa a ser exposta a el. A fonte principal de exposición é a inxestión de comida que o contén.[5]

Thumb
Descloración redutiva do DDT para formar DDD.
Remove ads

Mitotano

Thumb

Un feito interesante é que se un dos cloros p (para) do DDD cambia á posición orto, entón obtense un útil axente terapéutico hamado mitotano. Este é un exemplo de isómero posicional e das diferentes propiedades que poden ter este tipo de isómeros.

Táboa de nomes

O DDD é un composto ao que se lle deron moitos nomes. Os seguintes nomes son sinónimos do DDD:

Máis información Nomes sistemáticos, Nomes de superlista ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads