Dafydd ap Gwilym
poeta galés medieval From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Dafydd ap Gwilym, nado entre 1315 e 1320 e finado entre 1350 e 1370,[1] está xeralmente recoñecido como o meirande poeta galés de todos os tempos e como un dos mellores poetas europeos da Idade Media.
Remove ads
Traxectoria
Existe unha tradición de que naceu en Brogynin, Penrhyn-coch (daquela parroquia de Llanbadarn Fawr), Ceredigion. O seu pai, Gwilym Gam ap Gwilym ab Einion, e a súa nai, Ardudfyl, eran os dous de familias nobres; o seu tío Llywelyn ap Gwilym ab Einion, foi condestable en Castell Newydd Emlyn. Como membro dunha familia nobre semella que Dafydd non pertenceu ao gremio de poetas profesionais no Gales medieval, e mesmo a tradición poética foi moi forte na súa familia durante xeracións.
Segundo Robert Geraint Gruffydd morreu en 1350, posibelmente vítima da Peste Negra. A tradición di que foi soterrado no recinto da abadía cisterciense de Strata Florida, Ceredigion.
Remove ads
Obra
Crese que se conservan sobre 170 dos seus poemas, aínda que lle atribuíron outros moitos ao longo dos séculos. Os seus principais temas son o amor e a natureza. Na poesía de Dafydd pódense ver claras influencias de ideas europeas moi estendidas na época como o amor cortés, tal e como aparece na poesía dos trobadores provenzais.
Foi un poeta innovador e pódeselle atribuír o mérito de ter popularizado o metro coñecido como "cywydd" e ser o primeiro en empregalo para a louvanza. Pero, se cadra, a súa meirande innovación foi a de facer da súa persoa o foco principal da súa poesía. Pola súa propia natureza, a maioría da obra dos poetas cortesáns tradicionais galeses mantiveron a súa propia personalidade lonxe da súa poesía. A obra de Dafydd está chea dos seus propios sentimentos e experiencias. O seu tema principal é o amor, e moitos dos seus poemas están dirixidos a mulleres, pero en especial a dúas, Morfudd e Dyddgu. tamén obtén recoñecemento como un fino poeta da natureza. Entre as súas obras máis coñecidas están os seguintes poemas:
- Morfudd fel yr haul (Morfudd como o sol), un poema á esposa dun mercador de Aberystwyth que parece que tivo unha longa relación con Dafydd; dedícalle moitos poemas.
- Merched Llanbadarn (As mozas de Llanbadarn), no que fala de ir á misa o domingo só para mirar as mulleres do lugar.
- Trafferth mewn tafarn (Problemas nunha taberna), no que conta un incidente nunha taberna digno dunha película cómica.
- Y Rhugl Groen (O bolso ruidoso), no que se ve cruelmente interrompido un encontro sexual de Dafydd cunha moza.
- Cywydd y gal (Un poema en louvanza do pene), unha arriscada peza de puro erotismo medieval. Ata hai pouco non constaba nas antoloxías de Dafydd por razón de delicadeza editorial.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads