Dallas Buyers Club

Filme de 2013 dirixido por Jean-Marc Vallée From Wikipedia, the free encyclopedia

Dallas Buyers Club
Remove ads

Dallas Buyers Club é un filme estadounidense dirixido por Jean-Marc Vallée que se estreou no 2013. Foi coescrito por Craig Borten e Melisa Wallack e conta a historia de Ron Woodroof (Matthew McConaughey) un paciente de SIDA de mediados de 1980, momento no cal os tratamentos non estaba investigada e altamente estigmatizada. Como parte dun movemento a prol dun tratamento experimental contra a SIDA, trouxo de contrabando fármacos a Texas para tratar os síntomas, e creo o "Dallas Buyers Club" para facer oposición á Food and Drug Administration (FDA). Dous personaxes fiticios, Dr. Eve Saks (Jennifer Garner), e Rayon (Jared Leto), foron creados a partir de entrevistas con pacientes, activistas e doutores.

Datos rápidos Autoría, Temática ...
Remove ads

Sinopse

Baseado na vida real de Ron Woodroof, un cowboy texano drogadicto e mullereiro, ó que en 1986 diagnostican coa SIDA e pronostican un mes de vida. Comezou entón a tomar AZT, o único medicamento dispoñible daquela para loitar contra a enfermidade.

Personaxes

  • Matthew McConaughey como Ron Woodroof
  • Jennifer Garner como Doutora Eve Saks
  • Jared Leto como Rayon
  • Denis O'Hare como Dr. Sevard
  • Steve Zahn como Tucker
  • Michael O'Neill como Richard Barkley
  • Dallas Roberts como David Wayne
  • Griffin Dunne como Doutor Vass
  • Kevin Rankin como T. J.
  • Bradford Cox como "Sunflower"
  • Adam Dunn como camareiro

Galardóns e nomeamentos

  • 2013: 3 Premios Oscar: Mellor actor (McConaughey), actor secundario (Leto) e maquillaxe.
  • 2013: 2 Globos de Ouro: Mellor actor (McConaughey) e actor secundario (Leto).
  • 2013: Critics Choice: Mellor actor e actor secundario. Nomeado a mellor filme.
  • 2013: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor actor secundario (Leto).
  • 2013: Premios Gotham: Mellor actor (Matthew McConaughey).
  • 2013: Festival de Roma: Sección oficial longametraxes a concurso.
  • 2013: National Board of Review (NBR): Top 10 filmes independentes.
  • 2013: Independent Spirit Awards: Mellor actor (McConaughey) e actor secundario.
  • 2013: Satellite Awards: Mellor actor (McConaughey) e actor secundario (Leto).
  • 2013: Sindicato de Guionistas (WGA): Nomeado a mellor guión orixinal.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads