Óscar ó mellor actor

From Wikipedia, the free encyclopedia

Óscar ó mellor actor
Remove ads

O Premio Óscar ó mellor actor é unha das categorías dos Premios Óscar que cada ano entrega a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas nos Ánxeles (California). Entrégase a un actor que tivese unha interpretación nun papel principal na industria do cinema. Tradicionalmente, o premio é presentado pola gañadora do Óscar á mellor actriz na edición anterior.

Datos rápidos Datas e cronoloxía, Características ...

A cerimonia da 1ª edición dos Óscar tivo lugar en 1929, e nela Emil Jannings gañou o premio polas súas interpretacións en The Last Command e The Way of All Flesh.[1]

Actualmente, as candidaturas determínanse mediante voto singular transferible entre os membros da rama de intérpretes da Academia. Os gañadores elíxense mediante voto plural entre todos os membros con dereito a voto da Academia.[2] Nas primeiras tres edicións dos premios, os actores eran candidatos por todo o seu traballo durante o período (ata por tres filmes nalgúns casos).[3] Porén, durante a 3ª cerimonia, de 1930, só se citou un filme no premio final, aínda que o gañador tivese varios filmes na candidatura.[4]

O ano seguinte, o sistema, complexo e pouco manexable, foi substituído polo actual, en que un actor é candidato por unha interpretación específica nun único filme.[3] A partir da 9ª cerimonia, de 1937, a categoría limitouse a cinco candidaturas.[3] Cinco actores foron candidatos postumamente, James Dean (en dúas ocasións), Spencer Tracy, Massimo Troisi, Chadwick Boseman[5] e o gañador Peter Finch.[6]

Remove ads

Lista dos premiados

Thumb
Emil Jannings foi o primeiro gañador nesta categoría polas súas interpretacións en The Last Command (1928) e The Way of All Flesh (1927).
Thumb
Daniel Day-Lewis foi o primeiro actor que gañou o premio en tres ocasións, por O meu pé esquerdo (1989), There Will Be Blood (2007) e Lincoln (2012)
Thumb
Spencer Tracy foi o primeiro actor que gañou o premio dous anos consecutivos, por Captains Courageous (1937) e Boys Town (1938). Recibiu outras sete candidaturas.
Thumb
Laurence Olivier gañou pola súa interpretación en Hamlet (1948), filme que dirixiu el mesmo.[7]
Thumb
Sidney Poitier foi o primeiro actor negro que gañou por Os lirios do val (1963).[8]
Thumb
Tom Hanks gañou dous premios consecutivos por Filadelfia (1993) e Forrest Gump (1994).
Thumb
Coa súa vitoria por La vita è bella (1998), Roberto Benigni converteuse no segundo actor en gañar o premio por un papel no que dirixiu a el mesmo[7] e no primeiro gañador en lingua non inglesa.
Thumb
Con 29 anos, Adrien Brody é o actor máis novo en gañar o premio pola súa interpretación de Władysław Szpilman en O pianista (2002).
Thumb
Jean Dujardin foi o primeiro actor francés en gañar o premio po The Artist (2011).[9]

En letra grosa os que obtiveron o premio en máis dunha ocasión.

Máis información Ano, Gañador ...
Remove ads

Múltiples candidaturas

Os seguintes actores recibiron polo menos catro candidaturas ao Óscar ao mellor actor:

  • 9 candidaturas: Laurence Olivier, Spencer Tracy
  • 8 candidaturas: Paul Newman, Jack Nicholson, Peter O'Toole
  • 7 candidaturas: Marlon Brando, Dustin Hoffman, Jack Lemmon
  • 6 candidaturas: Richard Burton, Daniel Day-Lewis, Denzel Washington
  • 5 candidaturas: Gary Cooper, Robert De Niro, Leonardo DiCaprio, Tom Hanks, Fredric March, Paul Muni, Al Pacino, Gregory Peck, Sean Penn, James Stewart
  • 4 candidaturas: Warren Beatty, Charles Boyer, Michael Caine, Albert Finney, Anthony Hopkins, Burt Lancaster
Remove ads

Récords de idade

Máis información Récord, Actor ...

Galería

Ademais de Daniel Day Lewis (3 premios), Spencer Tracy e Tom Hanks, os seguintes actores gañaron o Óscar ao mellor actor en dúas ocasións:

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads