Daniel Day-Lewis

From Wikipedia, the free encyclopedia

Daniel Day-Lewis
Remove ads

Sir Daniel Michael Blake Day-Lewis, nado en Londres o 29 de abril de 1957, é un prestixioso actor británico nacionalizado irlandés. A pesar de ser recoñecido pola crítica internacional como un dos actores máis versátiles do seu tempo, non se prodiga demasiado na gran pantalla, escollendo con gran minuciosidade os seus papeis.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Fillo do poeta irlandés de nacemento Cecil Day-Lewis e da actriz Jill Balcon, o seu avó era o produtor cinematográfico e director dos Estudios Ealing, Sir Michael Balcon. Despois dunha etapa en Greenwich, os seus pais decidiron envialo ao internado Sevenoaks, no condado de Kent, e máis tarde á Bedales School de Petersfield. A idade de 13 anos produciuse o seu debut cinematográfico, cun pequeno papel sen acreditar no filme Sunday Bloody Sunday. Posteriormente estudou arte dramática na prestixiosa Old Vic Theatre School de Bristol e foi alí onde iniciou a súa traxectoria como actor de teatro.

A súa estrea como actor adulto foi nun pequeno papel na multipremiada película Gandhi en 1982. Posteriormente fixo varios papeis no teatro e para series da BBC ata que en 1985 se consagrou con dous papeis: o do punky londiniense e homófobo Johnny, de A miña fermosa lavandaría, e a do dandi Cecil Vyse do filme de James Ivory Unha habitación con vistas.

Despois dunha serie de filmes entre os que destacou The Unbearable Lightness of Being, baseado na novela homónima de Milan Kundera, ofrecéronlle o papel do artista irlandés discapacitado Christy Brown en O meu pé esquerdo. Foi este papel no filme de Jim Sheridan o que lle daría fama internacional e un Oscar entre numerosos premios e nomeamentos.

Con este director colaborou noutras dúas ocasións, en 1993 na aclamada In the Name of the Father, pola que volveu ser nomeado a importantes premios, entre eles ao Oscar e ao Globo de ouro; e en 1997 en The Boxer.

Entre tanto tamén tivo tempo de dar o salto a Hollywood, para protagonizar en 1992 a cinta de aventuras O derradeiro dos mohicanos de Michael Mann e un ano despois A idade da inocencia de Martin Scorsese, co que repetiu nove anos despois en Gangs of New York.

No 2005 protagonizou o filme The Ballad of Jake and Rose dirixido pola súa dona Rebecca Miller, filla do coñecido dramaturgo estadounidense Arthur Miller. Dous anos despois estreou o filme There Will Be Blood, baseado na novela Oil! de Upton Sinclair e dirixido por Paul Thomas Anderson, que lle supuxo o seu segundo Oscar e o seu primeiro Globo de ouro ao mellor actor na categoría de drama.

En 2009 protagonizou o musical Nine, adaptación de de Federico Fellini, dirixido por Rob Marshall. En 2013 recibiu o seu terceiro Oscar como mellor actor principal, pola súa interpretación do décimo sexto presidente dos Estados Unidos, Abraham Lincoln, converténdose no primeiro actor en conseguir tres veces dito premio.

Ao longo de 2017 filmou Phantom Thread ás ordes de Paul Thomas Anderson, segunda colaboración con este director tras There Will Be Blood. O 20 de xuño dese ano, a súa voceira, Leslie Dart, anunciou na revista Variety a retirada de Day-Lewis dos escenarios, aludindo a razóns persoais.[1][2]

Remove ads

Filmografía

Longametraxes

Máis información Ano, Título ...

Televisión

Máis información Ano, Título ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads