Darío Germil

futbolista galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Darío Martínez Germil, coñecido futbolisticamente como Darío Germil ou simplemente Germil, nado en Santiago de Compostela o 27 de xuño de 2002, é un futbolista galego que xoga como dianteiro centro no Bergantiños, da Segunda Federación.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Remove ads

Traxectoria

Nacido en Santiago de Compostela, criouse nas Cancelas e máis tarde no Meixonfrío, onde comezou a xogar ao fútbol.[1] Con oito anos ingresou na canteira do Xuventude Oroso, onde permaneceu durante unha década, escalando polas diferentes categorías do club.[2] Durante a súa etapa xuvenil alternou co primeiro equipo do Sigüeiro, co que conseguiu un ascenso a Preferente.[2]

No verán de 2020 fichou polo equipo xuvenil do Celta de Vigo, aínda que unha rotura do ligamento cruzado do xeonllo o mantivo afastado durante meses dos terreos de xogo. Un ano despois debutou co Celta B na nova Primeira División RFEF.[3] Con todo, pasou a maior parte da tempada 2021/22 nas filas do Gran Peña, na Preferente Sur. Para a campaña 2022/23 foi cedido ao Compostela, onde rendeu a un bo nivel, anotando 12 goles en 33 partidos.[4]

En agosto de 2023 cambiou Vigo por Sevilla, asinando como novo xogador do Betis Deportivo, da Segunda Federación.[5] No club andaluz disputou 24 partidos, só 7 deles como titular.

En agosto de 2024 anunciouse o seu regreso a Galicia, para asinar como novo xogador do Fabril, da mesma categoría.[6] No filial deportivista estivo ás ordes de Gilsanz primeiro e Manuel Pablo despois, disputando un total de 31 partidos, incluída a promoción de ascenso a Primeira Federación. Saíu habitualmente dende o banco de suplentes e anotou dous goles. En xullo de 2025 fichou polo Bergantiños, da mesma categoría.[7]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads