De correctione rusticorum
carta de Martiño de Dumio From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
De correctione rusticorum ('Da corrección dos rústicos'), tamén coñecido como Pro castigatione rusticorum ('para o castigo dos rústicos') é un sermón catequético elaborado por Martiño de Dumio, para a instrución do clero cristián do reino suevo de Galicia.
Remove ads
Características
O texto, escrito como unha carta ao bispo Polemio de Astorga, é na realidade un sermón preparado para a lectura pública.[1] Constitúe un manual práctico para asistir o clero cristián na súa labor evanxelizadora. A previsión, no Segundo Concilio de Braga, dun documento destas características serve para datar o escrito, considerándose que debeu ser elaborado pouco despois da asemblea de bispos galaicos,[2] que tivo lugar no ano 572, en tempos do rei Miro.
O correctione fai unha listaxe das principais prácticas idólatras presentes na época, e explica como estas se orixinaron. O escrito permite coñecer parte das crenzas e ideas relixiosas dos habitantes da Galicia do século VI. Estes, segundo Martiño:[3]
- Rendían culto as avelaíñas e aos ratos.
- Facían agoiros observando o voo das aves e os espirros.
- Acendían cirios na noite cabo de pedras, árbores, fontes e nas encrucilladas.
- Ofrendaban aos deuses deitando gran e viño sobre os troncos no lume, e pan e viño nas fontes.
- As mulleres invocaban á deusa Minerva mentres traballaban nos teares.
- Encantaban con formulas máxicas a herba e as colleitas. etc..
Tamén celebraban as vulcanais (festas na honra de Vulcano) e seguían o calendario romano, que asignaba aos días da semana os nomes dos seus principais deuses (Marte, Mercurio, Xúpiter,etc.). Para Martiño, os días debían pasar a contarse por feiras, conforme a liturxia cristíán. Tal e como aínda se fai en Portugal e, até hai pouco, na propia Galiza.[4]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads