Vulcano (deus)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Vulcano era o deus romano do lume,[1] ademais de patrón dos oficios relacionados cos fornos na relixión da Antiga Roma.[2][3][4][5]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Vulcano.
A dirección do seu culto correspondía ao Flamen Vulcanalis e a súa festividade era o 23 de agosto, data en que se celebraban os Vulcanalia.[6] O seu templo principal en Roma era o Volcanal, situado no Foro Romano.[7] Tamén foi particularmente relevante o seu culto na cidade de Ostia.[6]
Co tempo, Vulcano sufriu un proceso de identificación co deu grego Hefesto ata que, no período clásico, asimilou as súas características.[6] Por este motivo, a súa xenealoxía na tradición latina é complicada. Segundo as diferentes versións do mito, foi considerado pai de Céculo, Caco, Servio Tulio,[6] Xúpiter[8] e Perifetes; fillo de Xuno e de Xúpiter; e amante da escrava Ocresia e das deusas Maia,[9] Maiesta,[10] Fortuna e Feronia.[8][11]
Foi lanzado aos mares debido á vergoña da súa nai pola súa deformidade; porén, foi recollido por Tetis e Eurínome, fillos de Océano. Noutras versións, a súa fealdade era tal mesmo de bebé, que Xúpiter o lanzaría do monte Olimpo abaixo. A ese feito deberíase a súa deformidade, pois Vulcano era coxo.
A súa figura era representada como un ferreiro. Era quen forxaba os raios, atributo de Xúpiter. Este deus, o máis feo de todos, era o marido de Venus, a deusa da beleza e do amor, que lle era tremendamente infiel.
Ademais de forxar armas para heroes, Vulcano tamén preparou unha rede con que montou a cama onde Venus e Marte mantiñan unha relación adúltero. Deste xeito o deus ferreiro conseguiu demostrar a infidelidade da súa esposa, que non obstante foi perdoada por Xúpiter.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads