Deco
futbolista portugués From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Anderson Luiz de Sousa, coñecido como Deco, nado en São Bernardo do Campo o 27 de agosto de 1977, é un futbolista brasileiro nacionalizado portugués. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o Fluminense. Foi internacional coa selección portuguesa.
Remove ads
Traxectoria
Chegou a Portugal a través do SL Benfica, foi no Alverca que mostrou o seu fútbol para despois ingresar no FC Porto, ao que axudou a vencer en dous campionatos nacionais, unha Copa da UEFA, unha Liga de Campións e unha Liga de Portugal. Posteriormente fichou polo FC Barcelona.
Selección nacional
A estrea na selección portuguesa ocorreu o 29 de marzo do 2003, diante do Brasil, precisamente o seu país natal e actual campión do Mundo. O encontro, amigable, realizouse no Estadio das Antas, na cidade de Porto, e terminou coa vitoria de Portugal (2-1). Deco, que entrou aos 60 minutos por Sergio Conceição, marcou o gol que deu a vitoria lusitana.
Ata a decembro de 2004, Deco xa representou a selección en 24 ocasións, marcado dúas veces. A primeira na estrea e a segunda, o 13 de outubro de 2004, en Alvalade, na goleada (7–1) perante Rusia, en partido correspondente á fase de cualificación do Mundial de Fútbol Alemaña 2006.
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
