Eurocopa de Fútbol de 2008
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Eurocopa 2008 (oficialmente, Campionato Europeo de Fútbol da UEFA ou UEFA EURO 2008™) foi a XIII edición da Eurocopa, o principal torneo entre seleccións de fútbol europeas organizado pola UEFA. Esta versión do torneo realizouse en Austria e Suíza, entre o 7 de xuño e o 29 de xuño de 2008, sendo a segunda ocasión na que o torneo foi organizado por dous países (trala Eurocopa 2000 realizada en Bélxica e os Países Baixos) e a primeira que foi albergada por unha destas nacións.
A candidatura de Austria e Suíza foi proclamada polo Comité Xeral da UEFA, o 12 de decembro de 2002, superando a un total de seis candidaturas. 16 seleccións participaron no evento, 14 das cales adxudicáronse a súa participación neste torneo tras superar un proceso clasificatorio disputado entre 2006 e 2007 por 52 equipos, ás que se sumaron as seleccións de Austria e Suíza, clasificadas automaticamente na súa calidade de anfitrioas. Os equipos participantes foron divididos en catro grupos de catro equipos cada un; tras disputar un formato de liga en cada grupo, os dous mellores de cada un clasifícanse cara a seguinte rolda. Os oito clasificados enfróntanse posteriormente nun sistema de eliminación directa ata determinar ao campión no partido final a disputarse no Estadio Ernst Happel de Viena.
Estimábase que 1 050 000 persoas asistirían aos 31 partidos disputados durante a fase final do torneo e que a audiencia acumulada do evento por televisión acadaría os 8.000 millóns de espectadores a nivel mundial,[1] o que podería convertelo no evento deportivo máis visto de 2008, superando incluso aos Xogos Olímpicos de Pequín 2008.[2]
Remove ads
Organizadores
Os países organizadores foron Austria e Suíza, que nunca antes se encargaran de acoller este torneo. Foi a segunda vez que a organización da Eurocopa se fai de maneira conxunta ((a primeira vez foi a Eurocopa 2000). A candidatura de Austria e Suíza foi elixida polo Comité Xeral da UEFA, o 12 de decembro de 2002, por diante das candidaturas de Rusia, Hungría, Bosnia e Hercegovina-Croacia, Grecia-Turquía, Escocia-Irlanda e unha candidatura conxunta de Escandinavia composta por Dinamarca, Finlandia, Noruega e Suecia.
Remove ads
Datas
Os encontros disputáronse entre o 7 de xuño e o 29 de xuño de 2008. A fase clasificatoria desenvolveuse ao longo dos anos 2006 e 2007.
Mascotas
Foron dúas, chamadas Trix e Flix. Dous rapaces vestidos coas camisetas das seleccións de Austria (branca) e Suíza (vermella), e cos pelos peiteados en crista, semellando os Alpes. Os nomes puxéronllelos logo dunha votación aberta á participación dos cidadáns suízos e austríacos. As posibilidades eran:
- Zagi e Zigi
- Flitz e Bitz
- Trix e Flix
Co 36,3% dos votos, Trix e Flix foron os escollidos.
Sedes
Cada sede acolleu tres partidos da primeira fase, e o partido inaugural xogouse en Basilea. Na segunda rolda, os partidos xogáronse entre Basilea e Viena, con 2 cuartos de final e unha semifinal en cada un, namentres que a final tivo lugar na capital austríaca.
Remove ads
Estadios
Remove ads
Equipos participantes
Para a clasificación á Eurocopa 2008 realizouse un torneo previo entre setembro de 2006 e novembro de 2007. Para isto sorteáronse en Montreux, Suíza, o 27 de xaneiro de 2006 sete grupos clasificatorios, onde os dous primeiros de cada un clasificaron para a rolda final. Austria e Suíza clasificáronse automaticamente ao seren os organizadores.
O sorteo para a fase final da competición efectuouse o 2 de decembro de 2007. As 16 seleccións clasificadas foron dispostas en catro bombos en función do seu coeficiente UEFA. No primeiro bombo colocáronse Austria e Suíza, anfitrións desta edición, Grecia, campión vixente, e os Países Baixos, a selección con maior coeficiente UEFA. Croacia, Italia, República Checa e Suecia quedaron no segundo bombo, mentres que o terceiro quedou composto por Alemaña, España, Portugal e Romanía. Finalmente, o cuarto bombo estivo conformado por Francia, Polonia, Rusia e Turquía.
Destes, os equipos polaco e austríaco é a primeira vez que disputan a fase final dunha Eurocopa.
Remove ads
Calendario e resultados
Fase de grupos
Grupo A
7 de xuño - Basilea | |||
![]() | 0 | ![]() | 1 |
7 de xuño - Xenebra | |||
![]() | 2 | ![]() | 0 |
11 de xuño - Xenebra | |||
![]() | 1 | ![]() | 3 |
11 de xuño - Basilea | |||
![]() | 1 | ![]() | 2 |
16 de xuño - Xenebra | |||
![]() | 2 | ![]() | 0 |
16 de xuño - Xenebra | |||
![]() | 2 | ![]() | 3 |
Grupo B
8 de xuño - Viena | |||
![]() | 0 | ![]() | 1 |
8 de xuño - Klagenfurt | |||
![]() | 2 | ![]() | 0 |
12 de xuño - Klagenfurt | |||
![]() | 2 | ![]() | 1 |
12 de xuño - Viena | |||
![]() | 1 | ![]() | 1 |
16 de xuño - Viena | |||
![]() | 0 | ![]() | 1 |
16 de xuño - Klagenfurt | |||
![]() | 1 | ![]() | 0 |
Grupo C
9 de xuño - Zürich | |||
![]() | 0 | ![]() | 0 |
9 de xuño - Berna | |||
![]() | 3 | ![]() | 0 |
13 de xuño - Zürich | |||
![]() | 1 | ![]() | 1 |
13 de xuño - Berna | |||
![]() | 1 | ![]() | 4 |
17 de xuño - Berna | |||
![]() | 2 | ![]() | 0 |
17 de xuño - Zürich | |||
![]() | 2 | ![]() | 0 |
Grupo D
10 de xuño - Innsbruck | |||
![]() | 4 | ![]() | 1 |
10 de xuño - Salzburgo | |||
![]() | 0 | ![]() | 2 |
14 de xuño - Innsbruck | |||
![]() | 1 | ![]() | 2 |
14 de xuño - Salzburgo | |||
![]() | 1 | ![]() | 0 |
18 de xuño - Salzburgo | |||
![]() | 1 | ![]() | 2 |
18 de xuño - Innsbruck | |||
![]() | 0 | ![]() | 2 |
Fase eliminatoria
Cuartos de final | Semifinal | Final | ||||||||
19 de xuño, Basilea | ||||||||||
![]() |
2 | |||||||||
25 de xuño, Basilea | ||||||||||
![]() |
3 | |||||||||
![]() |
3 | |||||||||
20 de xuño, Viena | ||||||||||
![]() |
2 | |||||||||
![]() |
1 (1) | |||||||||
![]() |
1 (3) | |||||||||
![]() |
0 | |||||||||
21 de xuño, Basilea | ||||||||||
![]() |
1 | |||||||||
![]() |
1 | |||||||||
26 de xuño, Viena | ||||||||||
![]() |
3 | |||||||||
![]() |
0 | |||||||||
22 de xuño, Viena | ||||||||||
![]() |
3 | |||||||||
![]() |
0 (4) | |||||||||
![]() |
0 (2) | |||||||||
Remove ads
Estatísticas
Goleadores
|
|
|
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads