Demodex brevis
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Demodex brevis é unha especie de ácaro microscópico (mide uns 0,3 mm ou menos) que vive nas glándulas sebáceas da pel humana (outra especie moi similar en aspecto e hábitos é Demodex folliculorum). Reprodúcese nas glándulas sebáceas onde vive, mentres que D. folliculorum o fai nos folículos pilosos e vive en zonas máis superficiais.[1] Ademais, o corpo de D. brevis é máis pequeno e arredondado que D. folliculorum. En condicións normais son inofensivos, e poden considerarse comensais, pero durante as infestacións graves poden ter efectos adversos sobre o hóspede, o que se denomina demodicose.[2]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads