Dendrobranquiados

From Wikipedia, the free encyclopedia

Dendrobranquiados
Remove ads
Remove ads

A dos dendrobranquiados (Dendrobranchiata) é unha suborde de crustáceos decápodos coñecidos como gambas, e como lagostinos os de maior tamaño, dos que están descritas 540 especies reunidas en sete familias, e cun rexistro fósil que se estende até o período devoniano.

Máis información DendrobranquiadosDendrobranchiata Rango fósil: Devoniano tardío - actualidade, Clasificación científica ...
Thumb
Gamba branca (Parapenaues longirostris).
Thumb
Litopenaeus setiferus, unha gamba norteamericana.

Diferéncianse doutros animais relacionados, tales como os Caridea (os camaróns) e os Stenopodidea (os chamados camarões limpadores en portugués), pola forma en que se ramifican as branquias (ao que deben o seu nome)[2] e polo feito de que as femias non incuban os ovos, senón que os liberan directamente na auga.

Teñen o terceiro par de pereiópodos quelado, coa excepción dalgunhas especies que o presentan reducido, e a pleura do segundo somito do abdome non se sobrepón á do primeiro.

Saen do ovo con forma nauplius e pasan no seu desenvolvemento polas fases larvais de protozoea, zoea e poslarva.[3]

De pequeno tamaño, poden alcanzar unha lonxitude de até 330 mm, e unha masa de até 450 g, e son amplamente pescados e criados para o consumo humano.

Remove ads

Taxonomía

Superfamilia Penaeoidea Rafinesque-Schmaltz, 1815

  • Familia AciculopodidaeFeldmann & Schweitzer, 2010 Unha única especie do Devoniano:
    • Xénero Aciculopoda
      • Aciculopoda mapesi [4]
  • Familia AegeridaeBurkenroad, 1963 con 2 xéneros do Mesozoico:
  • Familia Aristeidae Wood-Mason, 1891 con 26 especies viventes en 9 xéneros, e un xénero fósil [6]
  • Familia Benthesicymidae Wood-Mason, 1891 con 41 especies en 4 xéneros [6]
  • Familia CarpopenaeidaeGarassino, 1994 con 2 especies do cretáceo no
    • Xénero Carpopenaeus [7]
  • Familia Penaeidae Rafinesque-Schmaltz, 1815 con 216 especies viventes en 26 xéneros, e varios xéneros extintos, os máis deles do Mesozoico [8]
  • Familia Sicyoniidae Ortmann, 1898 con 43 especies no
    • Xénero Sicyonia [9]
  • Familia Solenoceridae Wood-Mason, 1891 con 81 especies en 9 xéneros [10]

Superfamilia Sergestoidea Dana, 1852

  • Familia Luciferidae De Haan, 1849 con 7 especies do
    • Xénero Lucifer [10]
  • Familia Sergestidae Dana, 1852 con 90 especies vivas en 6 xéneros, e dous xéneros monotípicos extintos.[11]
Remove ads

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads