Deputación de Lugo

organismo que representa os concellos da provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia

Deputación de Lugo
Remove ads

A Deputación provincial de Lugo, unha das catro deputacións de Galiza, é o órgano institucional propio da provincia de Lugo e ao que corresponden diversas tarefas tanto administrativas como executivas. Traballa en prol da totalidade dos municipios lugueses e ocúpase de traballos de coordinación entre concellos e máis de dotación de infraestruturas, control destas e supervisión en xeral de calquera movemento administrativo da provincia de Lugo.

Datos rápidos Fundación:, Provincia: ...
Remove ads

Historia

A Deputación de Lugo foi creada no ano 1836, como consecuencia da organización de España en provincias. Naquela época exerceu competencias en materia de obras públicas, educación, beneficencia, así como funcións intermedias entre os municipios e a administración do estado.

No ano 1979 quedou constituída como organismo democrático á vez do proceso de transición que se desenvolvía en España.

Presidentes

Representación provincial

O pleno da deputación está formado por 25 deputados. No pleno de investidura do ano 2015, a candidata do PP, Elena Candia López foi elixida presidenta tras empatar a 12 votos co candidato socialista Darío Campos e votarse o deputado socialista Manuel Martínez a si mesmo.[3] O 8 de outubro de 2015, PSdeG e BNG presentan unha moción de censura e desta vez, co apoio de Manuel Martínez, o socialista Darío Campos foi elixido presidente da deputación.

En 2019 repetiuse o acordo entre PSdeG e BNG. Dende aquela o presidente é José Tomé Roca, alcalde de Monforte de Lemos, e a vicepresidenta, Tareixa Ferreiro, concelleira na capital.[4]

A representación dos diferentes partidos políticos logo das eleccións municipais de 2019 é a seguinte:[5]

Máis información Composición da Deputación tras as eleccións de 2019, Partido político ...

Distribución dos escanos por partidos xudiciais.

Máis información Partido xudicial, Deputados ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads