A Fonsagrada

concello da comarca da Fonsagrada, na provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia

A Fonsagradamap
Remove ads

A Fonsagrada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Fonsagrada, da que é capital. Segundo o IGE en 2018 tiña 3.589 habitantes (4856 no 2006, 4949 no 2005, 5007 no 2004, 4993 no 2003). Cunha superficie de 438,4 km² é o concello máis grande de Galicia. O xentilicio é «fonsagradino»,[1] «buroego»[2] ou «brañego».

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Xeografía

Demografía

Máis información Censo total, 3.589 (2018) ...

Evolución da poboación do concello:

Evolución da poboación da Fonsagrada   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
17.302 15.807 13.925 9.392 5.007 4.412 4.309 4.198 4.059 3.960 3.838 3.768 3.670 3.589 3.465 3.389 3.328
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Remove ads

Historia

Segundo algúns autores, a historia da Fonsagrada remóntase a antes do século IV, como estación dun itinerario entre Asturias e Lugo, empregando unha vía romana que precedía a vellos camiños de tempos prehistóricos. Posiblemente xa houbese poboadores hai 30.000 anos.

A súa historia xira en torno ao Camiño Primitivo de Santiago, que entra no concello polo alto do Acebo atravesando a vila da Fonsagrada, centro da devoción e visita obrigada á capela de Santa María, onde existía un albergue e unha fonte, cuxo nome (Fontem Sacra) podería ser a orixe do topónimo de "Fonsagrada". Finalmente, a ruta sae do concello pola aldea de Paradavella.

A súa localización na ruta xacobea fundamentou a construción de varios hospitais de peregrinos, como o da aldea de Montouto, mandado construír por Pedro I o Cruel, a mediados do século XIV: o Real Hospital de Santiago de Montouto foi construído a carón doutro máis antigo, que foi rexentado por hospitaleiros ata mediados do século XX.

O concello da Fonsagrada, xunto co de Negueira de Muñiz, formou parte ata 1835 do Concello de Burón, cuxa capitalidade ostentaba a vila da Pobra de Burón, fundada en torno ao ano 1200.

Cara a mediados do século XIV, estas terras caeron baixo o dominio dos condes de Trastámara, pasando logo a mans do conde de Altamira (cara ao ano 1480). Ao longo da historia, os buroneses libraron unha gran loita contra as cargas e tributos que debían pagar, pero os señores feudais aplacaban as revoltas irmandiñas saíndo vitoriosos.

Durante o século XIX, a historia da Fonsagrada está ligada á guerra da Independencia e as Guerras carlistas de 1833 e 1847. Co triunfo do réxime liberal, as condicións de vida dos fonsagradinos non cambiaron substancialmente. A loita social a favor da redención foral foi unha constante entre as súas xentes.

Remove ads

Cultura

Toponimia

O nome da Fonsagrada procede do latín fontem sacratam 'fonte sagrada' [3]).

  • Adiós, nenas, que nos imos;/ adiós, nenas, que nos vamos;/ a Virgen da Fonsagrada/ mándavos muitos recados [4].

Galería de imaxes

Lugares da Fonsagrada

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Fonsagrada vexa: Lugares da Fonsagrada.

Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Fonsagrada

A Allonca (Santa María) | A Bastida (San Miguel) | Bruicedo (Santiago) | Carballido (Santa María) | Cereixido (Santiago) | Cuíñas (San Cristovo) | Fonfría (Santa María Madanela) | A Fonsagrada (Santa María) | Freixo (San Xulián) | Lamas de Campos (San Roque) | Lamas de Moreira (Santa María) | Maderne (San Pedro) | Monteseiro (San Bartolo) | Pacios (Santa María) | O Padrón (San Xoán) | Paradavella (San Xoán) | Piñeira (Santa María) | A Proba de Burón (Santa María Madanela) | San Martín de Arroxo (San Martín) | San Martín de Suarna (San Martín) | San Pedro de Neiro (San Pedro) | San Pedro de Río (San Pedro) | Santo André de Logares (Santo André) | A Trapa (San Cibrán) | O Trobo (Santa María) | A Veiga de Logares (Santa María) | Vieiro (Santo Antonio) | Vilabol de Suarna (Santa María) | O Vilar da Cuíña (Santa Bárbara)

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads