Dermatofitose

From Wikipedia, the free encyclopedia

Dermatofitose
Remove ads


As dermatofitoses ou tiña[1] son infeccións fúnxicas da pel.[2] As descricións da doenza remóntanse á Idade Antiga.[3]

Datos rápidos Identificadores, Thesaurus do NCI ...
Remove ads

Sintomas

Normalmente producen pel vermella e escamosa, proído e erupcións circulares. A perda de cabelo pode ocorrer na zona afectada. Os síntomas comezan entre 4 e 14 días despois da exposición ao fungo. A condición pode afectar varias áreas da pel ao mesmo tempo.[4]

Causas

Thumb
Fungo dermatófito

A dermatofitose pode ser causada por preto de 40 fungos diferentes. Os máis comúns son os dos xéneros Trichophyton, Microsporum ou Epidermophyton.[2]

Factores de risco

Entre os factores de risco están o uso de vestiarios públicos, deportes de contacto como a loita, a sudación excesiva, o contacto con animais, a obesidade e a inmunodeficiencia.[5] [4]

Transmisión

As infeccións poden transmitirse por outros animais ou entre persoas.[5] En moitos casos, o diagnóstico baséase na aparencia da pel e os síntomas. O diagnóstico pódese confirmar mediante cultivo microbiolóxico ou observación microscópica dunha mostra de pel.[6]

Prevención

A prevención consiste en manter a pel seca, non andar descalzo en lugares públicos e non compartir obxectos persoais.[5]

Tratamento

O tratamento normalmente consiste na aplicación de pomadas antifúnxicas como clotrimazol ou miconazol. Cando a enfermidade afecta o coiro cabeludo, poden ser necesarios antifúngicos orais como o fluconazol.[7]

Prevalencia

En todo o mundo, cerca do 20% da poboación está infectada con dermatofitose nun momento dado.[8] As infeccións da ingua son máis comúns nos homes, mentres que as infeccións do corpo e do coiro cabeludo afectan a ambos os sexos por igual. As infeccións do coiro cabeludo son máis comúns en nenos, mentres que as infeccións da ingua son máis comúns entre os anciáns.[4]

Notas

  1. "Definition of Ringworm". 6 de dezembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 5 de setembro de 2016. Consultado o 5 de setembro de 2016.
  2. L., Jean (2012). Dermatology (en inglés). p. 1255. ISBN 978-0702051821. Arquivado dende o orixinal o 2016-09-15.
  3. J., Frank (2013). The 5-Minute Clinical Consult 2014 (en inglés). p. 1226. ISBN 9781451188509. Arquivado dende o orixinal o 2016-09-15.
  4. "Ringworm Risk & Prevention". 6 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 7 de setembro de 2016. Consultado o 5 de setembro de 2016.
  5. "Diagnosis of Ringworm". cdc.gov. 6 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 8 de agosto de 2016. Consultado o 5 de setembro de 2016.
  6. "Treatment for Ringworm". 6 de dezembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 3 de setembro de 2016. Consultado o 5 de setembro de 2016.
  7. Mahmoud A. Ghannoum; John R. Perfect (24 de novembro de 2009). Antifungal Therapy. p. 258. ISBN 978-0-8493-8786-9. Arquivado dende o orixinal o 8 de setembro de 2017.
Remove ads

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads