Dinar

From Wikipedia, the free encyclopedia

Dinar
Remove ads

O dinar é a unidade monetaria de diversos estados do mundo, a maioría dos cales de lingua árabe[1] ou que antigamente formaran parte do Imperio Otomán, xa que historicamente foi usado en terras musulmás, desde tempos do Califato abasí de Bagdad.

Thumb
Dinar cuñado a nome de Al-Hakam II en Madīnat al-Zahrā, no ano 358 da Héxira

A palabra "dinar" (دينار en árabe e en persa) ten a mesma orixe que o vocábulo diñeiro, xa que ambas as dúas derivan do denario (denarius) romano.

Remove ads

Orixe

O dinar ten a súa orixe na antiga moeda sasánida e araboislámica de ouro que se empezou a cuñar a finais do século VII, e que tiña un peso que, segundo as épocas, oscilaba entre os 3,85 g e os 4,25. Nos seus inicios era unha imitación dos modelos bizantinos, pero pronto adquiriu carácter propio e definido, até o punto que foi imitado fóra dos territorios califais.

Estados que usan o dinar como moeda

Thumb
Moeda e billete con valores faciais en dinares tunisianos

Estados e territorios que usaron noutros tempos o dinar como moeda

Thumb
Moeda dun dinar iugoslavo de 1984
  • Abu Dabi: o dinar de Abu Dhabi
  • Federación de Arabia do Sur: o dinar de Arabia do Sur
  • Croacia: o dinar croata
  • Iemen do Sur: o dinar iemení
  • Iugoslavia: o dinar iugoslavo
  • República da Krajina Serbia: o dinar reformado da Krajina
  • República Serbia: o dinar da República Serbia
  • Sudán: o dinar sudanés

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads