Tunisia

país de África do norte From Wikipedia, the free encyclopedia

Tunisiamap
Remove ads

Tunisia[1][2] (en árabe : al-Jamhuriya at-Tunisia, الجمهورية التونسية), é un país árabe de África do norte, limitado polo Mediterráneo. É un país do Magreb, coma Marrocos, Mauritania, Alxeria e Libia. Situada no norte do país, a súa capital é Tunes.

Datos rápidos Himno, Lema ...

Coa independencia o 20 de marzo do 1956, unha asemblea constituínte foi elixida, que aboliu a monarquía bey da dinastía huseinita no poder desde 1705 e proclamou a república o 25 de xullo do 1957 con Habib Bourguiba coma presidente.

Tunisia é un destino popular dos turistas europeos que visitan Hamamato, Monastir, Souse e o Porto El-Kantaoui, o deserto do Sáhara no sur, e os sitios arqueolóxicos coma Cartago ou Dougga.

Remove ads

Historia

Tunisia está poboada desde a prehistoria. Os seus primeiros habitantes coñecidos son os bérberes.

  • 814 A.C.: Fundación de Cartago por colonos fenicios, conducidos pola raíña Dido. A nova cidade desenvólvese axiña, converténdose nunha potencia que inqueda a Roma.
  • 264 - 146 A.C.: Tres guerras contra Roma, pasadas á posteridade baixo o nome das guerras púnicas, dando lugar, entre outras, á fantástica expedición conducida por Haníbal que atravesa os Alpes cos seus elefantes (218 - 202 A. C). Estas guerras rematan coa derrota de Cartago.
  • 146 A.C. - 439: Establecemento da primeira colonia romana, Africa. O país coñece unha grande prosperidade. Desenvólvense a agricultura e a urbanización.

Vándalos e Bizantinos

  • 439: Conquista de Cartago polos Vándalos.
  • 533: Toma de Cartago polos Bizantinos.

Era árabe-musulmá

Thumb
Mapa de Tunisia
  • 647-698: Comezo da era árabe-musulmá. Fundación de Kairouan por Oqba Ibn Nafaa (en 670) e toma de Cartago polos árabes no 698.
  • 800-909: Expansión do islam e establecemento da dinastía dos Aghlabidos (construción da mesquita de Zitouna de Tunis). Kairouan é entón o centro político e intelectual do Magreb.
  • 909-1159: Dinastías fatimida e zirida. Mahdia, fundada en 921, convértese na capital do país.
  • 1159-1230: Os Almohades unen os país do Magreb e a Andalucía musulmá.
  • 1236: Os Hafsides, vasalos dos Almohades, decláranse independentes e fundan unha nova dinastía en Tunisia que reina ata o 1574.
  • 1574: A Tunisia é anexada ao Imperio Otomán.
  • 1705: Fundación da dinastía huseinita (botada o 25 de xullo do 1957).

Protectorado francés

Thumb
Tunisia vista desde satélite

1881-1956: Protectorado francés, establecido o 12 de maio de 1881. A resistencia anticolonial dura durante practicamente a totalidade dos 75 anos da dominación francesa.

Independencia

O 20 de marzo de 1956 Tunisia obtén a independencia. O 25 de xullo de 1957 proclamouse a república, nomeándose a Habib Bourguiba presidente da Tunisia independente.

O 1 de xuño de 1959 adoptouse a primeira constitución republicana.

O 15 de outubro de 1963 as tropas francesas evacuaron Bizerte, a súa última base no país.

O 7 de novembro de 1987 o primeiro ministro Zina el-Abidina Ben Ali depuxo o presidente Bourguiba, xulgado por incapacidade de continuar as súas funcións.

O 14 de xaneiro de 2011 un levantamento popular depuxo o presidente Ben Ali e mandouno ao exilio a Arabia Saudita.

Remove ads

División administrativa

Thumb
Provincias de Tunisia

Tunisia atópase dividida en 24 provincias:

  1. Ariana
  2. Béja
  3. Ben Arous
  4. Bizerte
  5. Gabès
  6. Gafsa
  7. Jendouba
  8. Kairouan
  9. Kasserine
  10. Kebili
  11. Kef
  12. Mahdia
  1. Manouba
  2. Medenine
  3. Monastir
  4. Nabeul
  5. Sfax
  6. Sidi Bou Zid
  7. Siliana
  8. Sousse
  9. Tataouine
  10. Tozeur
  11. Tunis
  12. Zaghouan

As provincias están divididas en 264 " delegacións" ou "distritos" (mutamadiyat), e subdivididos en municipios (shaykhats' ') e sectores (imadats).

Remove ads

Política

Gobernantes dende 1957:

Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Tunisia.

Economía

Artigo principal: Economía de Tunisia.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads