Disclosure
dúo británico de música electrónica From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Disclosure é un dúo británico de música electrónica adicado ao deep house e o garage house. Está conformado polos irmáns Guy e Howard Lawrence, de Reigate, Surrey, no Sueste de Inglaterra.
Remove ads
Traxectoria musical
O primeiro sinxelo do dúo foi "Offline Dexterity" lanzado por Moshi Moshi Records, o 29 de agosto de 2010, precedida polo EP "Carnival" editado case un ano despois, o 13 de xuño de 2011.[1] Estes traballos repercutiron nas discotecas de Londres e foron contratados coma acompañantes de SBTRKT.
En 2012 publicaron “Tenderly / Flow” recibindo o apoio das radios británicas. Posteriormente editan o EP “The Face” no selo Greco-Roman onde mesturan os sons do hip hop da década dos 90, do Chicago house e o UK garage.
A finais de 2012, causaron grande impacto no Reino Unido e en varios países europeos co sinxelo "Latch", unha colaboración co cantante Sam Smith, acadando a undécima posición na lista de éxito británica. En febreiro de 2013 lanzan un novo sinxelo, "White Noise" coa voz da cantante Aluna Francis, integrante do dúo AlunaGeorge,[2] con que obtiveron a segunda posición no Reino Unido.[3] En xuño de 2013, lanzaron o seu álbum de estrea Settle coa discográfica PMR Records, seguindo o son garage dos seus últimos traballos.[4] Debutou na primeira situación da UK Albums Chart[5] e logrou ingresar en varios países europeos e en Australia,[6] recibindo críticas xeralmente positivas por parte da crítica.[7][8] Ademais, foron nomeados nos Premios Grammy de 2014 no premio ao mellor álbum de dance/electrónica[9].
Remove ads
Discografía
Álbums de estudio
EP
- 2010: Carnival [Transparent]
- 2012: The Face [Greco-Roman]
- 2013: Control [Greco-Roman]
- 2013: The Singles [Cherrytree / Interscope]
Sinxelos
Remixes
- Everything Everything: "Photoshop Handsome" (2010)
- Crystal Fighters: "At Home" (2011)
- Jess Mills: "Live for What I'd Die For" (2011)
- Jack Dixon: "Coconuts" (2011)
- Q-Tip: "Work It Out" (2011)
- Emeli Sandé feat. Naughty Boy: "Daddy" (2011)
- Jessie Ware: "Running" (2011)
- Azari & III: "Manic" (2012)
- Disclosure: "What's In Your Head (VIP Remix)" (2012)
- Janet Jackson & Nelly: "Call on Me (Disclosure Bootleg)" (2012)
- Artful Dodger feat. Lifford: "Please Don't Turn Me On" (2012)
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads