Disturbed

From Wikipedia, the free encyclopedia

Disturbed
Remove ads

Disturbed é un grupo musical de nu metal, formado en 1996 en Chicago, Illinois. Vendeu máis de 10 millóns de copias no mundo enteiro.

Datos rápidos Orixe, Período ...
Remove ads

Historia

O grupo formouse cando David Draiman respondeu a un anuncio de procura dun cantante feito polos membros de grupo. Draiman, quen en pouco tempo transformaríase no líder do grupo, crecera nunha familia extremadamente relixiosa contra a que se rebelou na súa adolescencia, amosando no contido das letras das cancións a negación da benevolencia dun ser superior.

A banda gravou dous EPs nos seus primeiros anos, enviados a distintas discografías. Tiveron un éxito notable có seu single "Stupify" no ano 2000 e seguidamente có álbum The Sickness, produción que finalmente os lanzou ao éxito. Un ano máis tarde participaron no Ozzfest tour 2001, iniciando logo o "Music as a Weapon" Tour, por Estados Unidos e Europa.

En outubro do 2002, o seu segundo álbum Believe chegou ao número 1 das listas de éxitos estadounidenses, o que levou á banda a participar novamente no Ozzfest tour do 2003.

Fixeron unha xira con 10 Years e Ill Niño presentando o seu terceiro álbum Ten Thousand Fists, lanzado mundialmente o 20 de setembro de 2005. O álbum debutou no número 1 nos Estados Unidos. Ademais de Ten Thousand Fists o grupo lanzou os sinxelos Hell e Monster. Electronic Arts utilizou a canción "Decadence" deste álbum para o seu videoxogo Need for Speed: Most Wanted.

Entre o 2005 e o 2006 o grupo aprazou dúas veces unha xira europea debido a problemas de voz de David Draiman. (Jägermeister tour en novembro do 2005 e "Music as a Weapon III" a comezos do 2006).

O seu single "Stricken" foi o tema central do evento de loita libre "WWE New Years Revolution" 2006. En 2008 saíu á venda o seu último álbum Indestructible, producido por eles mesmos.

Remove ads

Membros

Antigos Membros

  • Steve "Fuzz" Kmak - Baixo
  • Marty O'Brian - Baixo

Discografía

Álbums

Máis información Álbum, Ano ...

Singles

  • Stupify - 2001 / Giant Records
  • Voices - 2001 / Giant Records
  • Down With The Sickness - 2001 / Giant Records
  • Prayer - 2002 / Reprise Records
  • Remember - 2002 / Reprise Records
  • Stricken - 2002 / Reprise Records
  • Land of Confusion - 2005
  • Inside the Fire - 2008

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads