Dolores Rodeiro Boado

escultora galega From Wikipedia, the free encyclopedia

Dolores Rodeiro Boado
Remove ads

Dolores Rodeiro Boado, nada o 29 de marzo de 1852 en Santiago de Compostela, considérase a primeira muller escultora galega da que hai rexistros documentais. Descoñécese a data do seu falecemento. Na zona de Sar, en Santiago de Compostela, ten unha rúa co seu nome.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Thumb
Rexistro da partida de nacemento de Dolores Rodeiro
Remove ads

Formación

Viviu na rúa do Vilar, 49, segundo o padrón municipal de 1898 de Santiago de Compostela.

"María Dolores Rodeiro Boado naceu en 1852. En 1898 vivía na rúa do Vilar, nº 49, e tiña por profesión escultora, única nesta profesión que atopamos no pasado século XIX. Estes Rodeiro teñen moitas esculturas de santos relixiosos por toda Galiza".[1]

Thumb
Prórroga da axuda da Deputación á escultora Dolores Rodeiro para a súa estadía formativa en Madrid

Estudou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, en Madrid, onde recibiu formación das especialidades de Debuxo do Antigo e de Modelado do Antigo, grazas a unha pensión da Deputación da Coruña que obtivo no ano 1881.[2] Con todo, na acta de 4 de febreiro de 1869 do Pleno da Deputación, xa consta a súa primeira solicitude.

 "A primeira pensión artística, á marxe de convocatoria oficial ou regulamento algún, concédeselle a unha muller, Dolores Rodeiro Boado para seguir os seus estudos de escultura en Madrid, en 1881. O curioso é que xa en 1869, con tan só 16 anos a solicitara".[3]

Thumb
Lugar onde a familia Rodeiro tiña o seu obradoiro de escultura, na rúa das Rodas, en Santiago de Compostela.
Thumb
Na páxina 8 do Boletín Oficial Eclesiástico del Arzobispado de Santiago 20/04/1874 sae unha referencia a Dolores Rodeiro para anunciar que pode recibir encargos artísticos logo do falecemento do seu pai, o tamén escultor Francisco Rodeiro.

En La Voz de Galicia do 23 de abril de 1884, dáse conta da prórroga concedida por dous anos máis a esta pensión económica da Deputación para contribuíren a completar a súa formación como escultora en Madrid.

Canda ela, tamén estudou a súa irmá Vicenta Rodeiro Boado (1861-1931) na Escola Especial de Pintura, Escultura e Gravado, filial da Academia de Belas Artes de San Fernando, que participara na Exposición de Lugo de 1877.

Remove ads

Obra artística

En 1875, Dolores Rodeiro obtén mención honorífica na Exposición Rexional e Industrial e Artística de Galiza de Santiago de Compostela por dúas pezas, que representan un crucifixo e mais un santo Ignacio de Loiola.[4]

De volta a Santiago, traballa no obradoiro de escultura familiar situado na rúa das Rodas, 16, xunto ao seu pai Francisco Antonio María Rodeiro Permuy (1813 -1873). Alí realizan tallas de imaxes relixiosas en madeira, cun característico 'movemento en S' das figuras e cos rostros idealizados, con abondosos pregados na roupa e composicións frontais en triángulo isóscele. Pese a que Dolores Rodeiro se dedicou profesionalmente á escultura, a maioría das pezas saídas deste obradoiro están asinadas polo seu pai.

"Aínda que a filla continúa o estilo paterno, nótase nas súas tallas máis delicadeza nas roupas e máis finura nas súas encarnacións, con gustos claramente femininos". José Cardeso Liñares.[5]

Ademais do crucifixo e do santo Ignacio, son da súa autoría, con sinatura propia na peaña, a Inmaculada Concepción de San Martiño de Tabeaio, en Carral, e a Virxe do Rosario de San Xián de Artes, en Ribeira.[6][7] Para a Catedral de Astorga tallou un Santiago Peregrino, do que se fixo eco a prensa, cun artigo en que se louva o traballo da artista galega, cun comentario de xénero sobre a profesión de escultora.[8]

"Cada vez máis, admirámonos de que obra de tales dimensións e tan ben acabada sen faltar á ningunha das regras da estética fose executada por unha muller, non porque creamos lle estea vedado ao belo sexo profesar a arte dos Fidias, Miguel Anxo, Canova, Benvenuto Cilini e Montañés senón porque a execución da arte demanda condicións que non son fáciles de se encontrar na débil estrutura da muller".

A Rede de Patrimonio Cultural, en agosto de 2020, advertiu[9] da posta á venda nunha tenda de antigüidades[10] dunha escultura que representa Santiago Peregrino, obra de Dolores Rodeiro Boal.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads