Ribeira
concello da comarca da Barbanza, na provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Ribeira é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Segundo o IGE en 2020 tiña 26.848 habitantes (27.778 no 2012, 27.699 no 2011, 27.504 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribeirense».
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ribeira.
Remove ads
Xeografía
Situación
O concello de Ribeira ocupa o extremo da península do Barbanza, asomándose ás rías de Arousa e de Muros-Noia.
Orografía e hidrografía
A maior parte do territorio ocúpano os contrafortes da serra do Barbanza, singularmente o Monte da Curota e o Monte da Cidá, de cuxos 500 m. de alto baixan numerosos regatos encaixados en vales estreitos, como o de Artes.
Merece especial consideración o conxunto formado polo Complexo Dunar de Corrubedo e a Lagoa de Carregal e Vixán, declarado parque natural, e a illa de Sálvora, pertencente á parroquia de Aguiño e o Parque nacional das Illas Atlánticas, en fronte da península do Grove (na península do Salnés).
Demografía
Censo total (habitantes) | 26.848 (2020) |
Menos de 16 anos | 3.810 (14,19 %) |
Entre 16 e 64 anos | 17.377 (64,72 %) |
Máis de 64 anos | 5.661 (21,09 %) |

Evolución da poboación de Ribeira Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
12.218 | 16.870 | 18.280 | 24.542 | 26.623 | 27.518 | 27.699 | 27.778 | 27.811 | 27.565 | 27.372 | 27.249 | 27.159 | 27.067 | 26.886 | 26.848 | |||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Remove ads
Historia
Como en toda A Barbanza, abundan os restos megalíticos, entre os que cabe mencionar o dolmen de Axeitos. Da idade de bronce é a Pedra das Cabras, petróglifo situado na parroquia de Palmeira.
Da época castrexa destacan dous poboados: o castro do Monte da Cidá e mailo castro de Artes.
Os fomentadores cataláns que chegaron no século XVIII construíron fábricas de salgadura. No século XIX introducíronse as novas técnicas de conservación e envasado en folla de lata, co que as fábricas se reconverteron e deron lugar ás conserveiras actuais.
Remove ads
Cultura
Toponimia
Ribeira é palabra galega procedente do latín RIPARIA, 'franxa de terra que está ao lado dun río, dun lago ou do mar'.[1] Esta forma documentase por vez primeira nun testamento dado en 1387: Item mando a Sta. Ougea de Ribeira hua libra de cera en huun frolal et outra libra de azeite.[2] As formas escritas con b son xerais para este topónimo até 1607,[3] cando se documenta a grafía Santa Eugenia de Riveira.[4] Desde ese momento, nas mencións (en castelán) a este porto e freguesía, altérnanse formas escritas con b, como no Diccionario Madoz,[5][6] e con v.
Santa Uxía fai referencia á santa patroa da parroquia, Santa Uxía de Alexandría. Por outra banda, Uxía é a evolución do galego antigo Ougia, á súa vez evolución do nome greco-latino Eugenia. A igrexa parroquial é citada por primeira vez en 1200, na forma Sancte Eugenie de Carraria: "de tota nostra hereditate quantam habemus in villa que uocatur Dayam in concurrencia Sancte Eugenie de Carraria que est in terra Pistomarchos".[7]
O pleno do concello aprobou[8] o 11 de novembro de 1984 unha moción para denominar o concello "Santa Uxía de Riveira", con v, previo informe do cronista oficial Carlos García Bayón. O concello basea nese acto a súa utilización da forma Riveira malia que a única forma oficial é Ribeira, tal como aprobou a Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia.
O 3 de marzo de 2020 o concello aceptou o topónimo oficial nun acto institucional coa participación do alcalde, Manuel Ruiz, de representantes dos diferentes grupos políticos do concello, do presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, e do director da Comisión de Onomástica e Toponimia da RAG, Antón Santamarina.[9]
Patrimonio
Patrimonio arqueolóxico
En Ribeira hai dous castros coñecidos: o castro do Monte da Cidá no alto e o castro do Porto de Baixo na beiramar.
Festas e celebracións
Na cidade de Ribeira cobran especial importancia a festa da dorna e as festas do verán. A festa da Dorna ten lugar entre o 18 e o 24 de xullo. Nese tempo a xente agrúpase en peñas e levan a cabo todo tipo de actividades, como o "Voo sen motor", a "Regata de embarcacións feitas a machada" ou o "Gran prix de carrilanas". A festa conta cun "idioma propio".
Ribeira na literatura popular
Na capela de Santo Alberte realízase un rito adiviñatorio co que as mozas intentan saber cando van casar. Para iso lanzan tres anacos de tella e intentan que queden na soleira dunha pequena xanela na ábsida. O casamento queda garantido se o conseguen.[10]
Na mesma capela celébrase a romaría de Santo Alberto, na que as esposas dos mariñeiros intentan garantir a pronta volta dos seus homes mediante o rito do "cambio de tella". Consiste en mover unha das tellas desde un dos puntos cardinais ó contrario. Buscan así que os ventos teñan unha dirección favorable.[11]
- Refraneiro
- Cantigueiro
- A criada do cura/ de Corrubedo,/ ao picar a verdura/ picou un dedo.[14]
- As rapazas de Ribeira/ cando se van a bañar/ o primeiriño que lavan/ é o pecado mortal.[15]
- ¡Canto limón pola tina,/ canto limón pola eira!/ Cantas fillas de María/ ten o cura de Palmeira.[16]
- Este ano hai moito millo,/ tamén hai moitos carozos./ As rapazas de Palmeira/ arrabean polos mozos.[17]
- Maio vaia quen che puxo/ Santa Uxía de Ribeira/ que che había de poñer/ acabador de Palmeira.[18]
- Marroguentos de Palmeira,/ pelados de Santa Euxía,/ para cantar e beilar/ vivan os da nosa Ría.[19]
- Marroguentos de Palmeira,/ pelados son os da Vila,/ para cantar e beilar/ vivan os de Santa Uxía.[20]
- Meu amor está en Palmeira,/ meu esprito en Santa Uxía/, meu corazón en Carreira,/ meu todo en Vilagarcía.[21]
- Os de Palmeira son tolos/ que o dixeron os da Puebla,/ repinican as campanas/ para matar a colebra.[22]
- Os do Maño son sapiños,/ os de Palmeira forzudos,/ os de Santa Uxía tolos/ e os de Carreira son mulos.[23]
- Ribeiriña, ribeiresa,/ anque che son de Ribeira,/ anque che son non me pesa.[24]
Remove ads
Economía
Infraestruturas
Infraestruturas escolares
Ademais do IES Leliadoura están en Ribeira o IES Número 1, o CEIP Frións, o CEIP Olveira, o CEIP Heroínas de Sálvora, o CEIP plurilingüe de Artes, o colexio plurilingüe de Carreira e o CIFP de Coroso, a escola infantil dos Cativos, a EI Deán Grande, a EI Municipal de Ribeira, o Colexio Galaxia (concertado), o Colexio Bayón, o Colexio da Milagrosa e os centros de educación especial AMICOS e Ámbar.
Remove ads
Medios de comunicación
Outros
De Ribeira son coñecidos como actores Quico Cadaval (1960) e Tuto Vázquez (1947-2010), como músicos Antonio Novo Suárez (1970) e Avelino Ares (1975-2018), e en ambas facetas Tonhito de Poi (1969).
Deporte
Os principais deportes locais son o fútbol, o remo e o atletismo. De Ribeira é a atleta Ana Peleteiro.
No tocante ó fútbol, merecen mención os seguintes futbolistas:
- José Fernando Bello Amigo (1978)
- José María Bello Amigo (1935-2020)
- Ramón Fernández Sarasquete (1909-1979)
- Joselu Gómez, Joselu (1987) (Racing de Ferrol)
- Francisco Javier González Pérez, Fran (Deportivo da Coruña)
- José Ramón González Pérez (1968) (Deportivo da Coruña, SD Compostela)
- Andrés Parada Alvite, Suco (1938)
- José Manuel Parada Alvite, Suco II (1943)
- Herbert Rey Willisch (1987)
e os equipos de fútbol Cidade de Ribeira CF e Atlético de Riveira.
No tocante a deportes marítimos, é importante o Club de Remo Náutico de Riveira. Ademais, ós seus arredores chega o deporte a motor coa celebración do Rally Ribeira-Ría de Arousa dende 2021.
Remove ads
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Ribeira.
- Imaxes varias do concello.
- Vista de Ribeira dende o monte de San Alberte
- Vista de Ribeira dende San Roque (monte periurbano)
- Vista da cidade desde a entrada do porto
- Porto
- Serra do Barbanza desde Ribeira
- Praia do Vilar, na parroquia de Carreira
- Lagoa de Vixán, na parroquia de Carreira
Parroquias
Lugares de Ribeira
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ribeira vexa: Lugares de Ribeira.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads