Dominio SH2

From Wikipedia, the free encyclopedia

Dominio SH2
Remove ads

O dominio SH2 (do inglés Src Homology 2) é un dominio de proteínas estruturalmente moi conservado contido na oncoproteína Src[2] e en moitas outras proteínas adaptadoras que interveñen na transdución de sinais intracelular das vías da receptor tirosina quinase.[3] Os dominios SH2 permiten que as proteínas que os conteñen poidan unirse a residuos de tirosina fosforilados doutras proteínas.[4]

Datos rápidos Identificadores, Símbolo ...
Remove ads

Introdución

As interaccións proteína-proteína desempeñan un papel importante no crecemento e desenvolvemento celular. Os dominios modulares, que son as subunidades dunha proteína, moderan estas interaccións por medio da identificación de secuencias curtas de péptidos. Estas secuencias de péptidos determinan as posibles unións de cada proteína con outras. Un dos dominios máis salientables é o dominio SH2, que desempeña un papel vital na comunicación celular. A súa lonxitude é de aproximadamente 100 aminoácidos e encóntrase nunhas 115 proteínas humanas. A súa estrutura contén dúas hélices alfa e 7 láminas beta. Demostrouse que ten unha elevada afinidade polos residuos de tirosina fosforilada e sábese que identifica unha secuencia de 3 a 6 aminoácidos no motivo peptídico.

Remove ads

Unión e fosforilación

Os dominios SH2 adoitan unirse a residuos de tirosina fosforilada no contexto dun motivo peptídico de maior tamaño na proteína diana, e os dominios SH2 representan a clase maior de dominios de recoñecemento de pTyr.[5][6]

A fosforilación de residuos de tirosina nunha proteína ocorre durante a transdución de sinais e lévana a cabo tirosinquinases. Desta maneira, un substrato da fosforilación da tirosinquinase actúa como un interruptor para activar a unión a un dominio SH2 contido en proteínas. A relación tan estreita entre a tirosinquinase e os dominios SH2 é apoiada pola súa aparición coordinada durante a evolución dos eucariotas.

Remove ads

Diversidade

Os dominios SH2 non están presentes en lévedos e aparecen no límite entre os protozoos e os animais en organismos tales como a ameba Dictyostelium discoideum.[7]

Un exame bioinformático detallado dos dominios SH2 en humanos e ratos atopou 120 dominios SH2 en 115 proteínas codificadas no xenoma humano,[8] o que representa unha rápida taxa de expansión evolutiva entre os dominios SH2.

Resolveuse un gran número de estruturas de dominios SH2 e estudáronse moitas proteínas SH2 en ratos knockout.[9]

Función

A función dos dominios SH2 é a de recoñecer especificamente o estado fosforilado dos residuos de tirosina. Este proceso constitúe un evento fundamental na transdución de sinais a través da membrana, onde un sinal no compartimento extracelular é percibido por un receptor e convertido no compartimento intracelular a unha forma química diferente, é dicir, a dunha tirosina fosforilada. A fosforilación da tirosina leva á activación dunha fervenza de interaccións proteína-proteína onde as que conteñen o dominio SH2 son recrutadas a sitios con tirosina fosforilada. Este proceso inicia unha serie de acontecementos que finalmente producen a alteración de patróns de expresión xénica ou outras respostas celulares.

Remove ads

Exemplos

Proteínas humanas que conteñen o dominio SH2:

  • ABL1; ABL2
  • BCAR3; BLK; BLNK; BMX; BTK
  • CHN2; CISH; CRK; CRKL; CSK
  • DAPP1
  • FER; FES; FGR; FRK; FYN
  • GRAP; GRAP2; GRB10; GRB14; GRB2; GRB7
  • HCK; HSH2D
  • INPP5D; INPPL1; ITK; JAK2; LCK; LCP2; LYN
  • MATK; NCK1; NCK2
  • PIK3R1; PIK3R2; PIK3R3; PLCG1; PLCG2; PTK6; PTPN11; PTPN6; RASA1
  • SH2B1; SH2B2; SH2B3; SH2D1A; SH2D1B; SH2D2A; SH2D3A; SH2D3C; SH2D4A; SH2D4B; SH2D5; SH2D6; SH3BP2; SHB; SHC1; SHC3; SHC4; SHD; SHE
  • SLA; SLA2
  • SOCS1; SOCS2; SOCS3; SOCS4; SOCS5; SOCS6; SOCS7
  • SRC; SRMS
  • STAT1; STAT2; STAT3; STAT4; STAT5A; STAT5B; STAT6
  • SUPT6H; SYK
  • TEC; TENC1; TNS; TNS1; TNS3; TNS4; TXK
  • VAV1; VAV2; VAV3
  • YES1; ZAP70
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads