Dominio kringle

From Wikipedia, the free encyclopedia

Dominio kringle
Remove ads

Os dominios kringle son dominios proteicos autónomos que se dobran formando grandes bucles estabilizados por tres pontes disulfuro. Son importantes nas interaccións proteína-proteína con factores de coagulación. A denominación kringle procede do nome dun pastel tipo rosquilla escandinavo cuxa forma lembra á deste dominio.

Datos rápidos Identificadores, Símbolo ...
Thumb
Un pasteliño kringle

Os dominios kringle atopáronse no plasminóxeno, factores de crecemento de hepatocitos, protrombina e apolipoproteína(a).

Os dominios kringle encóntranse nas proteínas de coagulación sanguínea e fibrinolíticas. Crese que estes dominios xogan un papel na unión de mediadores (por exemplo, membranas, outras proteínas ou fosfolípidos) e na regulación da actividade proteolítica.[1][2][3] Os dominios kringle[4][5][6] caracterízanse por ter unha estrutura en triplo bucle con tres pontes disulfuro, cuxa conformación é definida por varios enlaces de hidróxeno e pequenos fragmentos de folla beta antiparalela. Atópanse en diverso número de copias nalgunhas proteínas plasmáticas como a protrombina e activador do plasminóxeno de tipo uroquinase, que son serina proteases que pertencen á familia de peptidases S1A de MEROPS.

Remove ads

Proteínas humanas que conteñen este dominio

ATF; F12; F2; HABP2; HGF; HGFAC; KREMEN1; KREMEN2; LPA; LPAL2; MST1; PIK3IP1; PLAT; PLAU; PLG; PRSS12; ROR1; ROR2;

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads