Doris Lessing
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Doris Lessing, de solteira Doris May Tayler, nada en Kermanshah, Persia, actualmente Irán, o 22 de outubro de 1919 e finada en Londres o 17 de novembro de 2013[1], foi unha escritora británica, gañadora do Premio Nobel de Literatura[2] en 2007.
Remove ads
Traxectoria
O seu pai, oficial do exército británico, foi vítima da primeira guerra mundial, onde sufriu graves amputacións. Cando contaba seis anos, a súa familia, atraída polas promesas de facer fortuna cultivando millo, tabaco e cereais, trasladouse a Rodesia, unha antiga colonia inglesa, hoxe Zimbabwe, onde pasou a súa infancia e mocidade.
Os recordos desa época son ambivalentes, por unha banda a educación estrita e severa da súa nai; por outro, aqueles momentos nos que, en compañía do seu irmán Henry, gozaba e descubría a natureza. Tamén descubriu a discriminación racial.
En loita constante coa súa nai, Doris, desexando fuxir do seu autoritarismo, abandonou, aos quince anos, os seus estudos que proseguiu de xeito autodidacta, e púxose a traballar como auxiliar de clínica. Frustrada polos desenganos dalgunhas aventuras amorosas pasaxeiras, empezou a escribir as súas primeiras novelas infestadas de pantasmas. Foron pequenas historias das que vendeu dúas a unhas revistas surafricanas.
Aos 18 anos trasladouse a Salisbury onde traballou como telefonista. En 1939, cando tiña 19 anos, casou cun funcionario, Frank Wisdom, co que tivo dous fillos. En 1943 divorciouse e uniuse a un grupo de ideas comunistas. En 1944 casou, por segunda vez, con Gottfried Lessing, do que tomou o seu apelido, e co que tivo o seu terceiro fillo.
Aos 36 anos, xunto co seu fillo, volveu a Londres e iniciou a súa carreira como escritora. Un ano despois publicou a súa novela: "Canta a herba". Moi comprometida politicamente perde, definitivamente, todas as súas ilusións abandonando o comunismo en 1954.
Remove ads
Obra literaria
A obra de Doris Lessing ten moito de autobiografía, inspirándose na súa experiencia africana, na súa infancia, nos seus desenganos sociais e políticos. Os temas plasmados nas súas novelas céntranse nos conflitos culturais, as flagrantes inxustizas da desigualdade racial, a contradición entre a consciencia individual e o ben común.
En 1956, coñecidas as súas críticas constantes e implacábeis, prohibíuselle a estancia en toda Suráfrica e Rodesia especialmente.
En 1962 publica a súa novela máis coñecida, "O caderno dourado", que a catapultou á fama converténdoa na icona das reivindicacións feministas.
En 1995, con 76 anos, regresou a Suráfrica para visitar a súa filla e aos seus netos e dar a coñecer a súa autobiografía. Ironías da historia, foi acollida cos brazos abertos, cando os temas que ela tratara nas súas obras foran a causa da súa expulsión do país corenta anos atrás.
Autora de máis de corenta obras, e soada desde a aparición, en 1950, do seu primeiro libro "Vencida pola sabana" (Vaincue par la brousse), é considerada unha escritora comprometida coas ideas liberais, a pesar de que ela nunca quixo dar ningunha mensaxe política na súa obra.
Doris Lessing foi a icona das causas marxistas, anticolonialistas, anti-segregacionistas e feministas.
En 2007 recibiu o Premio Nobel de Literatura pola súa «capacidade para transmitir a épica da experiencia feminina e narrar a división da civilización con escepticismo, paixón e forza visionaria»[3]
Remove ads
Premios
- Somerset Maugham Award of the Society of Authors, 1954
- Finalista no the Booker Prize, 1971
- Prix Medicis de Francia, 1976
- Premio Austríaco da Literatura Europea, 1982
- Shakespeare Prize da República Federal Alemá, 1982
- Finalista no Booker Prize, 1985
- W.H. Samith Literary Award, 1985
- Mondello de Italia, 1985
- Premio Palmeiro, 1987
- Premio Internazionale Mondello, 1987
- Premio Grinzane Cavour Prize en Italia, 1988
- James Tait Black Prize, 1995
- XI Premio Internacional de Catalunya, 1999
- Premio Príncipe de Asturias das Letras, 2001
- David Cohen British Literature Prize, 2001
- Premio Dupont Pluma de Ouro, 2002
- Premio Nobel de Literatura, 2007
Reacción crítica ao premio Nobel
A crítica literaria en xeral tomou a concesión do Premio Nobel de Literatura a Doris Lessing con sorpresa e escepticismo, debido a que non contaba nas quinielas ao galardón do 2007, a pesar de ser unha "eterna candidata". Autores como Ana María Moix[4], Mario Vargas Llosa[5] alabaron os seus méritos literarios tras a concesión do galardón. Porén, algunhas voces críticas se alzaron contra esta decisión:
- O crítico literario estadounidense Harold Bloom tildou a decisión da Academia Sueca de "políticamente correcta". "Ainda que a señora Lessing no comenzo da súa carreira tivo algunhas cualidades admirábeis, acho que o seu traballo nos últimos 15 anos é bastante ilexíbel... ciencia ficción de cuarta categoría."[6]
Tamén Umberto Eco no mesmo foro, a pesar de considerar que a autora merecía o premio, admitía a súa sorpresa pola decisión declarando que é estraño que o premio o volva gañar un autor de lingua inglesa tan pouco tempo despois de Harold Pinter."[7]
Bibliografía
Obras
- The Grass is Singing (1950)
- This Was the Old Chief's Country (collection) (1951)
- Five (short stories) (1953)
- Through the Tunnel (1955)
- The Children of Violence Series (1952-1969):
- Martha Quest (1952)
- Five (short stories) (1953)
- A Proper Marriage (1954)
- A Ripple from the Storm (1958)
- Landlocked (1965)
- The Four-Gated City (1969)
- Going Home (memoir) (1957)
- The Habit of Loving (collection) (1957)
- Wine (short story) (1957)
- In Pursuit of the English (nonfiction) (1960)
- O caderno dourado (he Golden Notebook) (1962); traducida ao galego por Eva Almazán en 2009
- Play with a Tiger (play) (1962)
- A Man and Two Women (collection) (1963)
- African Stories (collection) (1964)
- Historias de gatos:
- Particularly Cats (stories & nonfiction) (1967)
- Particularly Cats and Rufus the Survivor (1993)
- The Old Age of El Magnifico (stories & nonfiction) (2000)
- Briefing for a Descent into Hell (1971)
- The Temptation of Jack Orkney and other Stories (collection) (1972)
- The Summer Before the Dark (1973)
- A Small Personal Voice (Essays) (1974)
- Memoirs of a Survivor (1974)
- The Canopus in Argos: Archives Series (1979-1983):
- Shikasta (1979)
- The Marriages Between Zones Three, Four and Five (1980)
- The Sirian Experiments (1980)
- The Making of the Representative for Planet 8 (1982)
- The Sentimental Agents in the Volyen Empire (1983)
- Stories (collection) (1978)
- Baixo o seudónimo Jane Somers:
- The Diary of a Good Neighbour (1983)
- If the Old Could... (1984)
- The Good Terrorist (1985)
- Prisons We Choose to Live Inside (essays, 1987)
- The Wind Blows Away Our Words (1987)
- The Fifth Child (1988)
- African Laughter: Four Visits to Zimbabwe (memoir) (1992)
- London Observed: Stories and Sketches (collection) (1993)
- Conversations (interviews, edited by Earl G. Ingersoll) (1994)
- Lessing's autobiography:
- Under My Skin: Volume One of My Autobiography, to 1949 (1994)
- Walking in the Shade: Volume Two of My Autobiography 1949 to 1962 (1997)
- Spies I Have Known (collection) (1995)
- Love, Again (1996)
- The Pit (collection) (1996)
- Mara and Dann (1999)
- Ben, in the World (a sequel to The Fifth Child) ISBN 0-06-093465-4 (2000)
- The Sweetest Dream ISBN 0-06-093755-6 (2001)
- The Grandmothers : Four Short Novels ISBN 0-06-053010-3 (2003)
- The Story of General Dann and Mara's Daughter, Griot and the Snow Dog (a sequel to Mara and Dann) (2005)
- The Cleft (2007)
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads