Echymipera
xénero de mamíferos From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Echymipera é un xénero de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos peramelemorfos, familia dos peramélidos, que é o tipo da subfamilia dos equimiperinos[1]
Comprende cinco especies coñecidas na bibliografía como bandicuts espiñentos de Nova Guinea ou, simplemente, como bandicuts espiñentos.[2]
Remove ads
Taxonomía
Descrición
O xénero foi descrito en 1842 polo naturalista francés René Primevère Lesson, nun traballo publicado en Nouv. Tabl. Regn. Anim. Mammifères: 192.[1]
Etimoloxía
O nome científico Echymipera está formado polo elemento do latín científico Echy-, tirado do nome latino echīnus, 'ourizo cacho' e o latín pēra, 'alforxa'.[3] Literalmente 'os ourizos con bolsa' (aludindo ao marsupio).
Sinónimos
Ademais de polo nome que cuñou Lesson, e actalmente valido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]
- Peramelopsis Heude, 1896
- Suillomeles Allen & Barbour, 1909
Clasificación
Segundo Mammal Species of the World, e o ITIS, subfamilia está fomada por cinco especies, coas subespecies seguintes:[1][4]
- Xénero Echymipera Lesson, 1842
- Echymipera clara Stein, 1932
- Echymipera davidi Flannery, 1990
- Echymipera echinista Menzies, 1990
- Echymipera kalubu (Fischer, 1829) [5][6]
- Echymipera kalubu cockerelli (Ramsay, 1877)
- Echymipera kalubu kalubu (Fischer, 1829)
- Echymipera kalubu oriomo Tate & Archbold, 1936
- Echymipera kalubu philipi Troughton, 1954
- Echymipera rufescens (Peters & Doria, 1875) [7][8]
- Echymipera rufescens australis Tate, 1948
- Echymipera rufescens rufescens (Peters & Doria, 1875)
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads