Peramelemorfos

orde de mamíferos marsupiais From Wikipedia, the free encyclopedia

Peramelemorfos
Remove ads

A dos peramelemorfos (Peramelemorphia) é unha orde de mamíferos marsupiais do clado (ou magnorde, ou superorde, segundo as clasificacións) dos australidelfos.

Máis información PeramelemorfosPeramelemorphia Rango fósil: oligoceno - actualidade, Clasificación científica ...

Esta orde inclúe os bandicuts e os bilbís, que son denominados ás veces, debido aos seus hábitos alimentarios, marsupiais omnívoros, xa que, a pesar de posuíren unha dentición de tipo carnívoro (poliprotodonte), presentan, en grao variábel, unha dieta omnívora.[1]

Todos os membros da orde son endémicos de Australia e Nova Guinea, e a maioría teñen a forma característica do bandicut: un corpo rechoncho, arqueado cara a atrás, cabeza cun fociño longo, delicado e aguzado, orellas verticais moi grandes, e patas relativamente longas e finas, igual que a cola.

O seu peso varía desde os 140 g até os 2 kg, pero a maioría das especies roldan o peso dun gato pequeno: ao redor de 1 kg.

Remove ads

Taxonomía

A orde foi establecida en 1889 polo naturalista arxentino Florentino Ameghino.[2]

Etimoloxía

O nome científico da orde, Peramelemorphia, está formado sobre a base do nome Perameles, o xénero tipo da familia dos peramélidos (Peramelidae), coa adición da forma sufixa do latín científico -morphia, usada para crear nomes taxonómicos de animais (sobre todo a nivel de infraclase), que á súa vez está formada polo sufixo -morpha, forma plural de -morphus, derivada do grego antigo μορφή morphḗ, "forma", "aparencia", e‎ o desinencia -ia, do latín científico, tomada do latín clásico -ia ou do grago antigo -ία ‎-ía (ou -εια -eia), usada para formar substantivos abstractos de xénero feminino, utilizada para formar nomes taxonómicos (sobre todo, engadíndoa a nomes de xénero tirados dun autor).

Pola súa parte, Perameles (que significa "teixugo con bolsa") é un termo de etimoloxía híbrida (o que no é recomendábel na nomenclatura científica), xa que deriva do grego antigo πήρα pḗra, "bolsa", "saco", e do latín mēlēs, "teixugo".[3]

É dicir que, literalmente, a pouco ortodoxa etimoloxía de Peramelemorphia significa "os parecidos ao teixugo con bolsa" (aludindo ao marsupio).

Sinónimos

Ademais de polo nome orixinario, a orde coñécese tamén polos sinónimos.[2]

  • Peramelia
  • Perameliformes
  • Perameloidea

Familias

A maioría dos autores recoñecen nesta orde as seguintes tres familias con especies vivas:[2][4]

Orde Peramelemorphia

Ás que hai que engadir a familia dos Yaralidae Muirhead & Filan, 1995, actualmente extinta.

Porén, o National Center for Biotechnology Information non admite a familia dos Thylacomyidae.[5]

Filoxenia

—o Orde Peramelemorphia Ameghino, 1889

        |-o Familia Chaeropodidae Gill, 1872 (‡)
        | `-- Xénero Chaeropus Ogilby, 1838 
        |-o Familia Peramelidae (Gray, 1825)
        | |-o Subfamilia Echymiperinae McKenna & Bell, 1997 
        | | |-- Xénero Echymipera Lesson, 1842 
        | | |-- Xénero Microperoryctes Stein, 1932
        | | `—Xénero Rhynchomeles Thomas, 1920
        | |-o Subfamilia Peramelinae (Gray, 1825) 
        | | |-- Xénero Ischnodon Stirton, 1955 (†)
        | | |-- Xénero Isoodon Desmarest, 1817 
        | | `-- Xénero Perameles Geoffroy Saint-Hilaire, 1804 
        | `-o Subfamilia Peroryctinae (Archer et al., 1989)
        |   `- Xénero Peroryctes Thomas, 1906
        |-o Familia Thylacomyidae Bensley, 1903
        | `—Xénero Macrotis Reid, 1836
        `-o Familia Yaralidae Muirhead & Filan, 1995 (†)
          `—Xénero Yarala Muirhead & Filan, 1995 (†)
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads