Edirne

From Wikipedia, the free encyclopedia

Edirnemap
Remove ads

Edirne (nome romano: Adrianopolis; grego: Adrianoupolis ou Ἁδριανούπολις) (tamén coñecida como Andrinopla ou Adrianópole, é unha cidade histórica, capital da provincia turca do mesmo nome, limítrofe con Bulgaria e Grecia. A cidade ten ao redor de cen mil habitantes. Está á beira do río Maritza (Meriç en turco). Os seus habitantes son os adrianopolitanos.

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Remove ads

Historia

Foi fundada no ano 125 polo emperador romano Hadriano (de onde provén o seu nome romano Adrianópole) sobre o lugar dunha aglomeración máis antiga denominada Orestias. A cidade foi sede dun antigo bispado.

Houbo moitas batallas en Adrianópole:

  • nunha, Constantino derrotou a Licinio, en 323.
  • noutra, a famosa batalla de Adrianópole de 378 onde o exército romano foi comandada polo emperador Valente contra tribos xermánicos, principalmente os visigodos (Godos Tervingos) e os Ostrogodos (Godos Greutungos), dirixidos por Fritixerno.
  • o 14 de abril de 1205, foi escenario doutra batalla histórica entre os búlgaros e o exército do emperador latino de Constantinopla Balduíno de Flandres, que aquí foi encadeado. Geoffroi de Villehardouin, senescal de Champaña e cronista da 4ª cruzada, aquí mostra as súas dotes de estratego salvando ao exército cruzado da derrota.

Tanto a antiga Adrianópole coma a posterior Edirne, por causa da súa situación de punto de paso, troca progresivamente de poboadores: godos, búlgaros, cruzados e otománs. Estes últimos fixérona, con Murad I, a súa capital en 1361. Adrianópole mantense coma capital otomá ata a toma de Constantinopla en 1453, a onde os otománs trasladan a súa capital.

É nesta vila onde Sabbataï Tsevi foi detido e xulgado polo Sultán Mehmed IV en setembro de 1666. Para evitar unha certa condena a morte, profesa o islamismo, un acontecemento que marca o comezo do movemento dos sabateos.

Os rusos e os turcos asinaron en Edirne en 1829 un tratado polo que os turcos cedían a Rusia a desembocadura do Danubio, aprobaron a libre navegación no mar Negro, recoñeceron a independencia dos gregos e o status de Valaquia, de Moldova e de Serbia.

O fundador do Bahaísmo, Mirza Husayn Ali Nuri viviu catro anos en Edirne entre 1864 e 1868. A casa que habitou (coñecida baixo o nome de Beyaz Ev, literalmente: a casa branca) é un alto lugar de peregrinación bahaí.

Foi escenario dunha célebre batalla durante a guerra ruso-turca de 1877-1878, que culmina co tratado de San Stefano.

Despois da primeira guerra dos Balcáns (outubro 1912-maio 1913), Edirne pasou a ser posesión búlgara, mais despois da segunda guerra dos Balcáns (xuño-xullo de 1913), volve a ser turca.

En 1918, Turquía atópase no lado dos vencidos da Primeira Guerra mundial. O tratado de Sèvres (agosto de 1920) cede Edirne - renomeada Adrianópole - a Grecia, despois Adrianópole - renomeada Edirne – foi reincorporada a Turquía polo Tratado de Lausanne en xullo de 1923.

Remove ads

Monumentos

  • A mesquita de Selim (Selimiye Camii) foi construída polo arquitecto Mimar Sinan durante máis de 80 anos entre 1568 e 1574 baixo o reinado do Sultán otomán Selim II. Co obxectivo de superar o desafío que posuía a cúpula de Santa Sofía en Istambul: facendo unha cúpula aínda máis grande. De feito a súa cúpula mide dous metros máis de diámetro, mais Santa Sofía foi realizada cun milenio de antelación. Aínda así esta mesquita é unha das sobranceiras obras da arte otomá.
  • A Mesquita dos tres balcóns (Üç Şerefeli Cami) construída entre 1443 et 1447 baixo o reinado de Murad II. A súa planta é similar ás que Sina toman as súas propias construcións.
  • A Antiga Mesquita (Eski Cami) que é un dos máis antigos monumentos otománs da cidade, comezada baixo Suleiman (irmán e rival de Mehmed I Çelebi) en 1403 e rematada por Mehmed I en 1414. Sobre os seus muros a caligrafía proclama en árabe « Alá é grande » e « Mafomede é o seu profeta ».
  • A Mesquita de Murad (Muradiye Camii) construída durante o reinado de Murad II (1421-1451).
  • A Mesquita de Bayezid I (Yıldırım Bayezid Camii). É unha igrexa bizantina sobre unha planta cruciforme transformada en mesquita en 1400. Así pois o eixo do edificio non corresponde coa dirección da Meca.
  • O Complexo de Bayezid II (Bayezit Külliyesi) é un conxunto arquitectónico que comprende unha mesquita, unha escola de teoloxía (madrasa), unha escola de medicina, un hospital psiquiátrico (darüşşifa), un albergue para peregrinos (imaret), un baño (hamam), e unhas cociñas. O psiquiátrico é un avance con respecto ao correspondente no occidente cristián.
  • Unha Grande Sinagoga, copia da de Viena e construída entre 1903 e 1907, foi a máis grande sinagoga dos Balcáns.
  • A Igrexa búlgara de San Xurxo.
  • Varios museos.
Remove ads

O “vermello” de Adrianópole

No dominio da cor e dos tinxidos existe un vermello denominado como vermello de Adrianópole.

Está composto dun cromado de chumbo e dun óxido de chumbo: un pigmento tóxico que está en vías de eliminación. A súa composición actual é exactamente a mesma que a versión do xa extinguido amarelo de cromado laranxa. De feito o termo “vermello de Adrianópole” corresponde a unha antiga lagoa lingüística, xa que hoxe en día sería clasificado entre os laranxas, e contén eosina.

Consta cun proceso de fabricación que foi un grande segredo comercial dende a Idade Media. Gorduras rancias, aceite, ouriños e excrementos, sangues animais: a fabricación era, en consecuencia, insalubre. Esta cor utilizábase principalmente en tinxidos.

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads