Eduardo Noriega
actor español From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Eduardo Noriega, nado en Santander o 1 de agosto de 1973, é un actor cántabro.
Remove ads
Biografía
É o pequeno de sete irmáns e o único deles que se dedicou á interpretación. A súa primeira vocación foi a música e por iso estudou durante cinco anos solfexo, harmonía, coral e piano no conservatorio da súa cidade natal.
Ó cabo dos anos quixo ampliar horizontes e foise a Madrid a estudar na Escola de Arte Dramática. As súas primeiras incursións no cine foron en varias curtas con directores, entón noveis, como Alejandro Amenábar con quen máis adiante realizaría dúas películas.
Noriega tardou relativamente pouco en gañarse un nome dentro do panorama cinematográfico español, sobre todo a partir do seu papel protagonista en Abre los ojos, polo cal obtivo a súa primeira candidatura ao Goya á Mellor Interpretación Masculina.
Desde entón, Eduardo interveu en películas tan taquilleiras como Nadie conoce a nadie de Mateo Gil ou El espinazo del diablo de Guillermo del Toro.
En Plata Quemada de Marcelo Piñeyro púxose na pel dun ladrón que fuxía da policía xunto a Leonardo Sbaraglia.
Remove ads
Filmografía
Longametraxes
Curtametraxes
Televisión
- Colegio Mayor: Serie de Telemadrid 1994
- Colegio Mayor: Serie de TVE 1996 -1997
Remove ads
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Eduardo Noriega Fan, sitio sobre Eduardo Noriega (en inglés)
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads