El Rubio
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
El Rubio é unha localidade andaluza, pertencente á provincia de Sevilla. No ano 2009 tiña 3.567 habitantes.
Remove ads
Demografía
| 1996 | 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2009 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 3.702 | 3.710 | 3.702 | 3.719 | 3.700 | 3.654 | 3.622 | 3.586 | 3.584 | 3.587 |
Xeografía
No ano 2005 contaba con 3.584 habitantes. A súa extensión é de 21 km² e ten unha densidade de 170,7 hab/km². Atópase situada a unha altitude de 209 metros sobre o nivel do mar e a 102 quilómetros da capital de provincia, Sevilla. Está atravesado polo Arroio Blanco, un importante afluente do río Genil.
Historia
Non hai testemuños históricos da existencia real de El Rubio ata época medieval, se ben é posíbel que estivese poboado xa dende os romanos. Logo da conquista cristiá destas terras, producida en 1248 por tropas ao mando de Fernando III de Castela, o territorio que agora ocupa El Rubio foille doado á Orde de Santiago en 1267, ao igual ca outras vilas e propiedades da comarca da Estepa. No século XVIII pasa a ser propiedade dos duques de Osuna, ata a desamortización. A poboación viuse moi afectada no século XX pola emigración.
Véxase tamén
Ligazóns externas
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: El Rubio |
- El Rubio - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

