Elbasan
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Elbasan é unha cidade do centro de Albania, xunto ó río Shkumbin a 33 quilómetros ó sueste de Tirana, é a capital do distrito e do condado homónimos, cunha poboación de arredor de 100.000 habitantes é a terceira cidade do país[1], despois da capital e de Durrës. O concello esténdese por unha superficie de 1290 km².
Remove ads
Historia
Idade Antiga
No lugar onde se alza Elbasan os romanos construíron unha fortaleza que se acabou por converter nun importante centro comercial ata que as invasións eslavas do século VI deixaron a cidade abandonada.
Idade Moderna
No século XV os otománs construíron unha fortificación militar no mesmo lugar, converténdose nun importante centro otomán en Albania. A fins do século XVII habitaban na cidade unhas dúas mil persoas.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

