Elena Ferro

zoqueira artesá galega From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

María Elena Ferro Lamela, máis coñecida como Elena Ferro, nada en Merza (Vila de Cruces) en 1975, é unha zoqueira artesanal galega adicada ao deseño, fabricación e venda de artesanía: zocos, bolsos e complementos sita na súa vila natal, e que tivo un papel fundamental na revalorización dos zocos a finais do século XX inicios do século XXI.[1] Creou unha franquía denominada Eferro (Elena Ferro).

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Thumb
Franquía eferro, en Rego de Auga, A Coruña.

Cando na década dos 70 do século XX comezaron a deixar de usarse os zocos e a ir desaparecendo o oficio, herdou o oficio do seu avó, da súa tía, do seu pai que eran zoqueiros e proviñan dunha familia de artesáns zoqueiros dende vai cen anos. A súa familia foi cambiando de vender só na comarca do Deza e mensualmente en Monterroso a ir desprazándose a outras feiras e ampliar os produtos que vendían incorporando a manufactura do coiro.[1]

Nos anos 90 Elena Ferro comezou a facer cambios nos zocos mais sen éxito comercial até 2010.[1] Cambiou a base de madeira para adaptalos a pisar en duro, patentándoa, probou outras peles, cores e acabados[2] e mudou o deseño[3] vendendo os seus produtos ademais de en Galiza no País Vasco, Barcelona, Alemaña, Estados Unidos e Nova Zelandia[3] apoiándose nas redes sociais.[4]

Participou no Lgx15 organizado pola CTNL en 2016[5] e nas xornadas de onomástica da Real Academia Galega de 2020.[6] En 2019, recibiu o Premio Nacional de Artesanía.[7][8] Tamén no 2020 a revista Luzes cedeulle o espazo Retrovisor (do seu número 85).

Remove ads

Recoñecementos

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads