Emilio Amor Rolán

avogado, xornalista e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Emilio Amor Rolán, nado en Ourense e finado na mesma cidade o 19 de maio de 1937[1], foi un avogado, xornalista e político galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Thumb
Nunha homenaxe a Marcelo Macías en 1917, de pé (de esq. a der.): Losada Diéguez, José Osorio Martínez, Julio A. Cuevillas, Emilio Vázquez Pardo e Jesús Soria. Sentados: Manuel Cambón Fraga, Antonio Gaite Lloves, Benito Fernández e Emilio Amor.

Estudou dereito, pero non exerceu. Foi catedrático de Escolas Normais, e logo de dar clase na Coruña e León dirixiu a Escola Normal de Ourense. Na ditadura de Primo de Rivera foi deputado provincial e Gobernador civil de Huesca (1924-1927) e Murcia (1927-1929). O 6 de setembro de 1924 recibiu unha homenaxe en Maside.

Colaborou en Heraldo Orensano e en Galicia. Diario de la mañana, onde en 1930 publicou o artigo "¿Hacia la unificación de la ortografía gallega?", comentando a proposta ao respecto de Antonio Couceiro Freijomil. Fixo o epílogo do libro Del Orense antiguo de José Adrio Menéndez (1935).

Remove ads

Vida persoal

Thumb
Lápida da tumba no Cemiterio de San Francisco

Fillo de Juan Manuel Amor Pereira. Casou con Obdulia Vázquez García, de Maside.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads