En terra hostil
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
En terra hostil (en inglés: The Hurt Locker) é un filme estadounidense dirixido por Kathryn Bigelow que se estreou no 2008. Gañador de seis Oscars no 2009, incluíndo o Óscar ó mellor filme e o Oscar ó mellor director.
Remove ads
Sinopse
Durante a Guerra de Iraq, unha unidade de elite de artificieiros norteamericanos actúa na caótica cidade de Bagdad, onde calquera persoa pode ser un inimigo e calquera obxecto, unha bomba. O xefe do grupo, o sarxento Thompson, morre no transcurso dunha misión e é substituído polo temerario sarxento William James (Jeremy Renner). Cando falta pouco para que a brigada sexa relevada, o imprudente comportamento de James fará que os seus dous subordinados cavilen seriamente no risco que corren.
Remove ads
Personaxes
- Jeremy Renner como Sarxento de Primeira clase William James
- Anthony Mackie como Sarxento J. T. Sanborn
- Brian Geraghty como Especialista Owen Eldrich
- Guy Pearce como Sarxento Matthew Thompson
- Christian Camargo como Tenente Coronel John Cambridge
- David Morse como Coronel Reed
- Ralph Fiennes como O líder da unidade militar privada
- Evangeline Lilly como Connie James
- Christopher Sayegh como "Beckham"
Galardóns e nomeamentos
- 2009: 6 Oscars, incluíndo mellor filme e dirección. 9 nomeamentos.
- 2009: 3 nomeamentos ós Globos de Ouro: Mellor filme drama, director e guión.
- 2009: 6 Premios BAFTA, incluíndo filme, director e guión. 8 nomeamentos.
- 2009: Critics Choice Awards: Mellor filme.
- 2008: Festival de Venecia: Premio SIGNIS. Nomeada ó León de Ouro.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads