Guerra de Iraq
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Guerra de Iraq, tamén coñecida como Segunda Guerra do Golfo ou Operación Liberdade Iraquí nos Estados Unidos,[22] Operación Telic no Reino Unido[23] e, noutros ámbitos, ocupación de Iraq,[24] foi un conflito que comezou o xoves 20 de marzo de 2003 e rematou o domingo 18 de decembro de 2011.[1] Tras finalizala guerra, deuse paso a unha operación de adestramento das tropas iraquís para combater a insurxencia e o terrorismo. Esta operación deuse a coñecer como Operación Novo Amencer,[25] e representa a continuación da guerra de Iraq, que se inicia ó organizar os Estados Unidos unha coalición multinacional para a invasión de Iraq, estando composta por unidades das forzas armadas dos propios Estados Unidos, o Reino Unido e continxentes menores de España, Australia, Dinamarca, Polonia e outros Estados.[26]
A principal xustificación para esta operación que ofreceron o Presidente dos Estados Unidos, George W. Bush e os seus aliados na coalición, foi a falsa afirmación de que Iraq posuía e estaba desenvolvendo armas de destrución masiva (ADM), violando un convenio de 1991.[27][28] Funcionarios dos Estados Unidos sostiveron, dun modo interesado e tendencioso, que Iraq representaba unha inminente, urxente e inmediata ameaza ós Estados Unidos, ó seu pobo e ós seus aliados, así como ós seus intereses.[29] Criticouse amplamente ós servizos de información,[30] e os inspectores designados ó efecto non atoparon probas de que existiran as pretendidas armas de destrución masiva. Despois da invasión, o Grupo de Investigación en Iraq chegou á conclusión de que Iraq acabara cos seus programas para desenvolver as devanditas armas en 1991 e non había ningunha no momento da invasión, pero que tiñan a intención de retomar a produción sempre e cando se levantaran as sancións.[31] Algúns funcionarios dos Estados Unidos alegaron que Saddam Hussein e Al Qaeda estiveran cooperando,[32] pero non hai probas de que existise unha relación de colaboración.[33][34] Outras razóns para a invasión por parte dos funcionarios incluían as preocupacións sobre o apoio financeiro de Iraq para as familias de terroristas suicidas palestinos,[35] violacións dos dereitos humanos por parte do goberno iraquí,[36] propagación da democracia,[37] as reservas de petróleo de Iraq,[38][39][40] aínda que este último foi negado por outros funcionarios.[41][42][43]
A invasión levou á rápida derrota das forzas iraquís, o derrocamento do Presidente Saddam Hussein, a súa captura en decembro de 2003 e a súa execución en decembro de 2006. A coalición dirixida polos Estados Unidos no Iraq ocupado tratou de establecer un novo goberno democrático. Porén, pouco despois da invasión inicial, a violencia contra as forzas da coalición e entre os diversos grupos étnicos deu lugar a unha guerra asimétrica coa insurxencia iraquí, a guerra civil entre sunnís e xiítas iraquís, e as operacións de Al-Qaeda en Iraq.[44][45] As estimacións do número de persoas mortas varían entre máis de 150.000 a máis de 1 millón de persoas, segundo a fonte. O custo financeiro da guerra estimouse en máis de £4.500 millóns ($9.000 millóns) para o Reino Unido,[46] e máis de $845.000 millóns ós Estados Unidos,[47] cun custo total para a economía deste último estimada en $ 3 a 5 billóns. Algunhas das nacións que integraron a coalición comezaron a retirar as súas forzas como consecuencia dunha opinión pública desfavorable e ó progresivo aumento de efectivos iraquís para asumir a responsabilidade da seguridade no país.[48][49] Porén, Iraq, non chegou a desenvolver armas nucleares, grazas á Operación Ópera de Israel, acontecida uns anos antes.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads