Enrique Pla
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Enrique Pla y Deniel, nado en Barcelona en 1876 e falecido en Toledo en 1968, foi un eclesiástico español.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Remove ads
Traxectoria
Estudou filosofía, teoloxía e dereito canónico. Ordenouse en 1900 en Barcelona, foi profesor do Seminario de Barcelona, bispo de Ávila entre 1918 e 1935. Presidente de Acción Católica, foi un dos impulsores de Acción Popular. Nomeado bispo de Salamanca en 1935, tras a sublevación contra a República cedeu a Franco o seu palacio episcopal e escribiu a carta pastoral Las dos ciudades, onde xustificaba a rebelión de Franco, e que constituíu a fundamentación teolóxica do que denominou Cruzada.
En 1941, tras ser nomeado arcebispo de Toledo, converteuse en primado de España e en 1946 o papa nomeouno cardeal. Procurador en Cortes e membro do Consello do Reino e do de Rexencia. En 1960 deu o seu apoio a membros de Acción Católica que reclamaban o seu dereito a participar en folgas e pouco tempo despois Pla dimitiu dos seus cargos políticos.
![]() |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. |
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads