Eritroblasto
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os eritroblastos son células eritropoéticas que constitúen estados intermedios durante a maduración dos eritrocitos humanos na medula ósea, e que aínda conservan o núcleo. Moitas veces utilízase como sinónimo de eritroblasto o termo normoblasto, e outras veces resérvase normoblasto para designar unha das etapas de maduración (ortocromatófila). Cando o eritroblasto se desenvolve anormalmente adquire gran tamaño e denomínase megaloblasto, como pode ocorrer en casos de deficiencia de vitamina B12 (como na anemia perniciosa) ou de deficiencia de ácido fólico (nas anemias megaloblásticas).



Durante a eritropoese, o primeiro eritroblasto presente en humanos (que provén do proeritroblasto) denomínase eritroblasto basófilo. Este eritroblasto é pequeno, duns 12 microns, e posúe un citoplasma basófilo debido á presenza de abundantes ribosomas encargados de sintetizar a hemoglobina (a proteína que transporta o oxíxeno). O eritroblasto basófilo capta ferritina do sangue por pinocitose para aumentar o seu contido en ferro.
Os eritroblasto basófilos dan lugar aos eritroblastos policromatófilos cando o seu contido de hemoglobina pasa a ser moi alto. Presentan variacións tintoriais. Isto ocorre porque esta proteína se sintetiza en cantidades crecentes e é ácidófila e enmascara a afinidade por tinguiduras básicas dos ribosomas. A súa cromatina está máis condensada que en estados anteriores.
O seguinte estado eritroblástico é o eritroblasto ortocromático, eritroblasto ortocromatófilo ou normoblasto. Son de citoplasma acidófilo (eosinófilo) e teñen unha menor presenza de ribosomas, porque xa non se require unha síntese de hemoglobina activa.[1]
Posteriormente, continúa a eritropoese coa transformación do normoblasto en reticulocito (ao perder o núcleo), que madura a eritrocito e sae da medula ósea á circulación sanguínea. En vertebrados non mamíferos o eritrocito normalmente conserva o núcleo.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads