Reticulocito
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os reticulocitos son glóbulos vermellos do sangue, que están na fase inmediatamente anterior a converterse en eritrocitos totalmente maduros. Son células que están na penúltima fase da eritropoese (formación de eritrocitos ou glóbulos vermellos) e carecen de núcleo nos mamíferos. Despois de orixinarse na medula ósea libéranse ao torrente curculatorio, onde permanecen durante 1 día antes de madurar a eritrocito. Normalmente son pouco numerosos no plasma sanguíneo (entre o 0,5 e o 1%), pero poden atoparse en niveis elevados por causa dalgunhas anemias (ata algo máis do 4%)[1], nas cales o organismo incrementa a produción de glóbulos vermellos na medula ósea e libéraos no torrente sanguíneo antes de que estean maduros.[2] Os reticulocitos caracterízanse por presentar no citoplasma unha rede de filamentos e gránulos, compostos principalmente de ARNr, que fan que se tingan de modo característico nos frotis de sangue, presentando o seu citoplasma un aspecto reticular que os distingue dos glóbulos vermellos maduros.

Remove ads
Morfoloxía
As células vermellas do sangue orixínanse polo proceso da eritropoese, que ten lugar na medula ósea, no que van pasando por sucesivos estadios de maduración. Cando se chega ao estado de normoblasto (eritroblasto) ortocromático (antepenúltimo estadio), este perde o seu núcleo e convértese en reticulocito. Os reticulocitos son células anucleadas predecesoras dos eritrocitos que se diferencian deles en que conteñen hemoglobina e posúen gránulos de ribosomas e algunhas mitocondrias que lles son útiles para sintetizar o 20-35 % da hemoglobina restante que finalmente terán. O seu tamaño varía de 10 - 15 micrómetros de diámetro. Este tipo de células esta en circulación periférica aproximadamente durante un día ata converterse nun eritrocito (glóbulo vermello, hemacia) maduro. A diferenza dos eritrocitos maduros, os reticulocitos aínda conservan ARN.
Os reticulocitos aparecen lixeiramente máis azuis que as outras células vermellas cando se observan tinguidos coa tinguidura Romanowsky normal.
Maduración
Parámetros seleccionados dos reticulocitos sanguíneos e indicadores identificados para que estas células como comparación os datos en eritrocitos | |||
Característica | Reticulocitos | Eritrocitos | |
diámetro (μm) | 9±1 | > | 7,5±0,3 |
volume (fl) | 112,5±17,5 | > | 90±10 |
masa de hemoglobina (pg) | 29,5±2,5 | = | 29,5±2,5 |
hemoglobina (g/dl) | 29±3 | < | 35±2,5 |
O reticulocito formado pasa unha media de dous días na medula ósea, de alí sae á circulación, onde tarda un día en converterse en célula vermella madura. Durante este período sintetiza o 20-35% da hemoglobina contida na célula vermella. Propuxéronse varios mecanismos para explicar como o reticulocito finaliza a súa maduración: a autofaxia e exección de orgánulos non necesarios, acción presionante ("pitting") do bazo e degradación bioquímica por medio da 5 pirimidín nucleotidase.
Remove ads
Patoloxía do reticulocito
O reticulocito pode mostrar alteracións en tamaño e/ou presentar corpos de inclusión (punteado basófilo, corpos de Howell Jolly). A xénese do aumento de tamaño, implica unha resposta normal da medula ósea a un estímulo intenso da eritropoetina. Dependendo do grao de estimulación poden presentarse os seguintes eventos:
- Incremento do número de reticulocitos en sangre periférico, normais e aumentados de tamaño, a partir do conxunto presente na medula. Isto implica unha diminución da permanencia destas células na medula ósea.
- Presenza en circulación de reticulocitos que poden alcanzar dúas veces o tamaño normal, como resultado da expulsión do núcleo do normoblasto (eritroblasto) policromatófilo, saltándose o estadio de normoblasto ortocromático (no que normalmente se expulsa o núcleo).
Ambas as situaciones, asócianse con reticulocitos inmaturos en sangre periférico, denominados polos autores macro-reticulocitos de "estrés", reticulocitos medulares ou reticulocitos prematuros.
Remove ads
Utilidade e interpretación

A determinación dos reticulocitos permite avaliar a produción eficaz de células vermellas pola medula ósea. A súa utilidade real é coñecer a capacidade de resposta da medula naqueles casos nos cales hai diminución das células vermellas no sangre periférico e cómpre que a medula aumente a súa produción para así compensar o déficit de ditas células. Esta información é de fundamental importancia no diagnóstico de anemias por falta de produción (anemia aplásica) e por aumento na destrución (anemia hemolítica).[2]
A actividade eritropoética efectiva, da medula ósea, é proporcional ao número de reticulocitos en sangre periférico, este valor representa o grao de produción e liberación de eritrocitos pola medula ósea á circulación. Así, os recontos reticulocitarios superiores aos valores establecidos como normais, indican un aumento da eritropoese, situación que se presenta como resposta a hemorraxias (agudas),[2] anemias hemolíticas e durante o tratamento de anemias nutricionais (anemia ferropénica e anemia megaloblástica).
Os recontos baixos de reticulocitos, suxiren unha eritropoese defectuosa como nos casos de anemia aplásica, crise aplásica de anemias hemolíticas e na infiltración da medula ósea por células tumorais. Por tanto, a avaliación dos reticulocitos é unha ferramenta fundamental no diagnóstico de anemias e dalgúns cadros cuxa xénese envolve a produción eritroide na medula ósea.
Razóns das desviacións da porcentaxe normal de reticulocitos en sangue periférico | ||
Reticulopenia porcentaxe baixa de reticulocitos (<20 000/μl) |
Reticulocitose porcentaxe elevada de reticulocitos (>100 000/μl) | |
Fisiolóxicos | ||
Patolóxicos |
|
|
Cando a resposta medular en canto á produción de células vermellas está incrementada, as células policromatófilas detectadas en sangue periférico dificultan a avaliación da macrocitose, porque son células con aumento de tamaño dada a súa inmadureza; por tanto, ao realizar esta cuantificación debe terse coidado de non falsear o valor da macrocitose a expensas da policromatofilia estimando unha macrocitose maior á real. Nestes caos, a media do volume corpuscular (PVC) estará por riba do valor establecido como normal, xa que tamén foi falsamente incrementado polo número de reticulocitos.
Avaliación en sangue periférico
A eritropoese efectiva determínase polo reconto de reticulocitos en sangre periférico,[1] o cal se expresa en valor relativo ou porcentual (número de reticulocitos por 100 células vermellas) e en valor absoluto (total de reticulocitos circulantes por cada militro (mm³) de sangue). A contaxe de reticulocitos pódese dar por tinguidura cun colorante especial para reticulocitos de natureza basófila, polo cal teñen afinidade as mitocondrias e ribosomas, que se mostrarán no frotis dunha cor azul a pintas.
Valores de referencia (Valor relativo):
- Homes 0,6 – 2,6 %
- Mulleres 0,4 – 2,4 %
- Neonatos 2,5 – 6,5 % (descende a nivel de adultos na segunda semana)
(Valor absoluto)
- 40 – 100 x 109/L valor medio 60 x 109/L
Cando se altera a duración do estadio reticulocitario en medula ósea, especificamente nas anemias graves, empréganse outras formas para avaliar a produción de células vermellas viables como se expresa seguidamente.
Cando temos moitos reticulocitos libres en sangue é sinal de que se sufriu algún tipo de estrés ou hipoxia porque estimulamos a produción de eritropoetina, esta proteína induce a produción dos precursores do eritrocito, e, por tanto, de reticulocitos.
En microscopia electrónica o reticulocito é doado de recoñecer pola súa superficie irregular, con invaxinacións e presenza de múltiples orgánulos como son: mitocondrias, pequeno número de ribosomas, restos do aparato de Golgi e protoporfirina. Ao microscopio óptico identifícase por medio de coloracións supravitais (azul de cresilo brillante, novo azul de metileno). O colorante absórbese e o ARN e os demais orgánulos citoplasmáticas precipitan como substancia reticulofilamentosa, visible nas extensións secas, como gránulos amorfos intracelulares que se tinguen de azul intenso.
Tinguido con Wright ou Giemsa, o reticulocito identifícase pola súa basofilia difusa chamada policromatofilia e por ser unha célula lixeiramente meirande que o eritrocito. A célula debe posuír polo menos dous gránulos de precipitado ben definidos e separados da membrana para poder consideralo un reticulocito.
Porcentaxe de reticulocitos corrixida
Serve para establecer os reticulocitos reais tendo en conta a concentración de células vermellas en sangue periférico, xa que a volemia do paciente afecta ao seu número. É dicir, esta corrección debe facerse cando se encontra un hematócrito (Hto) por debaixo do nivel establecido como normal, no cal a masa eritroide está diminuída e o reconto de reticulocitos en porcentaxe dentro dos límites de referencia nunca é normal para un individuo anémico. Esta porcentaxe obtense así:[2][5]
% reticulocitos corrixida = % reticulocitos x Hematócrito do paciente / Hematócrito normal
Hematócrito normal: Homes 45%, Mulleres 42%
Índice de produción de reticulocitos
Cómpre facer unha corrección adicional cando se encontran macrocitos policromatófilos e/ou células vermellas nucleadas no frotis de sangre periférico. Cunha estimulación crecente de eritropoetina, a medula ósea libera reticulocitos antes do seu período de maduración normal, que é de 2 a 3 días na medula ósea. Estes reticulocitos inmaturos aparecen como eritrocitos policromatófilos grandes (reticulocitos de cambio de estrés) no frotis de sangue. Isto significa que o tempo de maduración en sangue periférico leva máis do día habitual necesario para que os reticulocitos do sangue periférico perdan o seu aspecto reticulado e se volvan eritrocitos maduros. Canto máis intensa sexa a anemia, máis temperá será a liberación dos reticulocitos.
O índice de produción de reticulocitos (IPR) proporciona unha estimación da taxa de eritropoese efectiva en comparación coa taxa normal de maduración do reticulocito en sangue periférico, que corresponde a 1 (un día). Para determinalo divídese a porcentaxe de reticulocitos corrixida polo tempo de maduración que terá o reticulocito en sangue periférico, dependendo do valor do hematócrito do paciente para así compensar o tempo que tardará o reticulocito en madurar no sangue periférico.
O reconto manual de reticulocitos, malia a súa grande utilidade clínica, foi perdendo vixencia debido a múltiples factores entre os que están as variacións que se poden dar nas coloracións, erros por distribución nas extensións, erros estatísticos na mostra estudada e a ampla variabilidade entre observadores aínda experimentados.[5] Estudos realizados no Colexio Americano de Patólogos encontraron que o coeficiente de variación (como índice de erro) para o reconto de reticulocitos por métodos manuais é do 35% (algúns estudos demostraron máis do 50%) mentres que para a citometría de fluxo automática é do 8,3%, polo que actualmente os métods máis recomendados son os métodos automáticos. O reconto automático con esta tecnoloxía analiza de 30.000 a 50.000 células por mostra mentres que por métodos manuais o reconto faise sobre 100 eritrocitos.
A posibilidade de contar os reticulocitos por medio de citometría de fluxo recupera este parámetro como un dos método básicos para o diagnóstico, clasificación e tratamento das síndromes anémicas e na disfunción medular.
Citometría de fluxo
A citometría de fluxo usa unha combinación de excitación láser, detectores e tinguiduras fluorescentes que marcan o ARN e ADN (como o laranxa tiazol ou o polimetino).[6] Os reticulocitos poden distinguirse doutras células circulantes porque emiten un sinal que non é forte (como o dos linfocitos) nin feble (como o dos eritrocitos).[7]
Remove ads
Investigación
Os reticulocitos son unha valiosa ferramenta para os biólogos que estudan a tradución de proteínas. Os reticulocitos son peculiares entre o resto das células porque conteñen toda a maquinaria necesaria para traducir proteínas pero carecen de núcleo. Como o núcleo das células contén moitos compoñentes que fan que o estudo da tradución sexa máis difícil, estas células son moi útiles. Os científicos poden recoller reticulocitos de animais como os coellos e extraer o ARNm e os encimas para a tradución para estudar a tradución nun sistema in vitro libre de células, o que permite ter un gran control sobre o ambiente no cal se están a sintetizar as proteínas.[8]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads