Ermitage
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Ermitage[1] ou Museo Estatal do Ermitage (en ruso Государственный Эрмитаж / Gosudarstvenniy Ermitaž) en San Petersburgo, Rusia, é unha das maiores, máis antigas, importantes e famosas galerías de arte e museos da historia humana e da cultura do mundo. As vastas coleccións do Ermitage están despregadas en seis edificios, sendo un dos principais o Palacio de Inverno que fora a residencia oficial do Tsar das Rusias.


Remove ads
Historia
Inaugurado en 1852, o museo ocupa catro pazos contiguos, sendo o maior deles o antigo Palacio de Inverno - residencia oficial dos tsares. En 1764 (ano oficial de fundación do Museo) a emperatriz Catarina II de Rusia adquiriu a colección de Johann Ernst Gotzkowsky, a primeira do Museo. En 1865 o Ermitage adquiriu a obra Madona con Neno (Litta Madona), de Leonardo da Vinci. Cinco anos despois, a obra Madona e o Neno (Madona Conestabile), de Rafael, realizada en 1504, en Italia. En 1914, fixo unha nova adquisición de Leonardo da Vinci: a Madona cunha Flor (Madonna Benois).
O importante legado do Ermitage sobre a Arte Occidental comprende obras de Michelangelo, Leonardo da Vinci, Rubens, van Dyck, Rembrandt, Poussin, Claude Lorrain, Watteau, Tiepolo, Canaletto, Canova, Rodin, Monet, Pissarro, Renoir, Cezanne, van Gogh, Gauguin, Picasso e Matisse. Hai moitas máis coleccións, porén, incluíndo artistas da Rusia imperial, unha selección de xoiaría de Fabergé, e a maior colección existente de antiga ourivaría de Europa oriental e Asia occidental.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

