Ernesto Fabián Canobbio

futbolista uruguaio From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Nestor Fabián Canobbio Bentaberry, nado en Montevideo o 8 de marzo de 1980, é un futbolista uruguaio. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é e Larissa FC.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Biografía

Comezou a xogar no Club Atlético Progreso no Uruguai, participando no mundial sub-20 de 1999 e logo co CA Peñarol. No verán de 2003 fichou polo Valencia de Rafa Benitez, contra os desexos do adestrador que se refiriu a el con Pido unha cadeira e tráenme unha lámpada, polo que non chegou a ter continuidade.

Co cambio de adestrador en 2004 coa chegada de Claudio Ranieri a situación non cambia polo que se lle busca un equipo para que poida disputar minutos, así chega ao Celta de Vigo, en Segunda División, en calidade de cedido con opción de compra. Nesta tempada o equipo acada o ascenso a Primeira, sendo Canobbio e Jandro os máximos anotadores do equipo con 12 tantos cada un. Ao rematar a tempada o Celta exerce a opción de compra do xogador por un millón de euros.

No ano de regreso do Celta á máxima categoría o equipo clasifícase para disputar a Copa da UEFA, sendo o segundo máximo goleador do equipo con 8 tantos, por detrás de Fernando Baiano con 13. Porén o ano de debut europeo sería tamén o ano do descenso do equipo outra vez a Segunda.

Na tempada 2007/08 non se acada o obxectivo de ascender e Canobbio deixa o club e ficha polo Real Valladolid, onde militou dous anos cun rendemento irregular.

No verán de 2010 ficha polo AE Larisa e en 2011 polo CA Fénix. En 2012 volve ao equipo onde comezou, o CA Progreso, porén a comezos de 2013 volve a cambiar de equipo ao irse ao Danubio Fútbol Club.

Selección nacional

Foi internacional coa Selección de fútbol do Uruguai en oito ocasións.

Remove ads

Traxectoria

Máis información Club, Categoría ...
Remove ads

Palmarés

Campionatos nacionais

Máis información Título, Club ...

Copas internacionais

Máis información Título, Equipo (*) ...

(*) Incluíndo a Selección

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads