Es Castell
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Es Castell é un concello español situado na illa de Menorca, nas Illas Baleares. Esténdese por unha área de 11,66 km² onde no ano 2020 vivían 7 572 habitantes.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Castell.
Remove ads
Entidades de poboación
- Cala Sant Esteve
- Es Castell
- El Fonduco
- Santa Anna
- Sínia d'en Riera
- Sol de l'Est
- Son Vilar
- Trebalúger
Demografía
Evolución da poboación de Es Castell dende o ano 1950 ata agora:

Política
Desde a finalización do franquismo, Es Castell tivo 6 alcaldes diferentes. O primeiro, en 1979, foi José Tadeo, único alcalde menorquino do momento que non pertencía á UCD. Sucedeuno Jaume Peralta, que foi alcalde desde 1983 até 1991. De 1991 a 1995 alternáronse na alcaldía Bernat Llompart (PP) e Ester Riudavets (PSM), e en 1995, durante dous mandatos, ocupou o cargo María Borràs (PSOE). En 2003 o PSOE, encabezado por Irene Coll, volveu gañar as eleccións municipais, pero en 2004 esta foi expulsada do partido e pasou a gobernar xunto co PP. Tralas eleccións de 2007, por mor de que non había unha maioría absoluta, os partidos IPEC, de Irene Coll, e Partido Popular, pactaron a alcaldía de tal forma que Irene Coll volveu gobernar a xunta local até xuño de 2008 para, posteriormente, a alcaldía pasar a Juan Cabrera Valenzuela (PP).
Lluís Camps (PP) substituíu en 2011 a Juan Cabrera Valenzuela como alcalde de Es Castell tras conseguir nas eleccións municipais dese ano o 42,85% dos votos no concello polo 19,27% do PSOE, que quedou en segunda posición. Catro anos máis tarde, en 2015, Camps revalidou a alcaldía cun 43,98% dos votos, pero o PSOE conseguiu recortar distancias e aumentou a súa porcentaxe de votos até o 25,31%. En 2018, Camps anunciou que non volvería presentarse a un terceiro mandato,[1] sendo Dinonisio Marí a persoa elixida polo PP para representar o partido nas eleccións municipais de 2019 e revalidar a alcaldía.
En 2019, o PSOE e Som Es Castell chegan a un acordo para investir a socialista Joana Escandell como nova alcaldesa do concello[2] tras conseguir sumar ambas formacións o 46,73% dos votos polo 43,98% do Partido Popular, que foi novamente o partido máis votado na localidade.[3]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

