Escarapote
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O escarapote, aínda que tamén reciben este nome outras especies do mesmo xénero, ou bispo,[2] Scorpaena scrofa é un peixe da familia dos escorpénidos de cor vermella e cuberta de espiñas. O seu peso pode chegar até case os 3 kg pero son raros os exemplares de máis de 1,5–2 kg. Normalmente atópase a profundidades desde os 10 aos 500 m, aínda que é posible atopalos con pouca auga semienterrados na area.
Remove ads
Características
Durante o día permanecen aletargados en fendas rochosas, e pola noite saen dos seus agochos para buscar comida, quedan inmóbiles e grazas á súa camuflaxe conseguen capturar pequenos peixes e crustáceos. A súa pel cóbrese de algas e aproximadamente cada dúas semanas realizan unha muda da mesma.
Nome común
Coñecido normalmente por escarapote, en castelán denomínase escorpena ou rascacio (hai varias especies do xénero Scorpaena). En Cataluña chámase escórpora e no Cantábrico como cabracho, sendo tamén coñecido en Asturias como tiñosu. En Baleares chámase cap roig e en Murcia como gallina. No País Vasco coñécese como itsaskabra (cabra de mar en éuscaro). Nas Canarias coñécese como cantarero.
Usos
En culinaria é un peixe moi valorado, de altísima calidade. En Cataluña prepárase cocido con patacas, nun famoso prato que se coñece co nome de suquet de peix.
É común facer un pastel deste peixe, coñecido como pastel de escarapote.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads