Antoine Risso

From Wikipedia, the free encyclopedia

Antoine Risso
Remove ads

Giuseppe Antonio Risso, coñecido como Antoine Risso, nado en Niza (condado de Niza, nos estados da Savoia) o 8 de abril de 1777, e finado na mesma cidade o 25 de agosto de 1845 (quince anos antes da anexión a Francia do condado de Niza —e do ducado de Savoia—, que o reino de Sardeña tivo que ceder en virtude do tratado de Turín) foi un naturalista nizardo.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Infancia e primeira xuventude

Membro dunha antiga familia do condado de Niza (Nissa Countea), pertencente á casa de Savoia (o nome Risso está documentado desde o século XIV, e Antonio era da sexta xeración Risso vivente en Niza). Falaba o nizardo [1] e a lingua oficial, que foi o italiano desde 1562 até 1847. Durante toda a súa vida, Risso foi francés tan só desde 1792 a 1814, cando o condado foi invadido por Francia.[2]

Do seu pai, Jean-Baptiste (1736-1789), que era un mestre carpinteiro e un bo burgués, herdou como único patrimonio o amor ao traballo ben feito e o exemplo dunha probidade severa. A súa nai, Thérèse Fidelle ou Fideu (1746-1791), pertencía a unha antiga familia nizarda de armadores de barcos de pesca, reconvertidos en empresarios da construción. Orfo de pai e nai, foi tío materno, André Fidel, quen o recolleu e lle dá unha sólida formación básica.[3]

Sumamente apaixonado pola Historia natural, segue os cursos de Giovanni Battista Balbis (1765-1831) e entra aos 12 anos como aprendiz nunha farmacia.

Risso na Niza napoleónica

O 1 de outubro de 1792, coa toma de Niza polas tropas francesas, Antoine, de 15 anos, entra en calidade de aprendiz no Laboratorio dos farmacéuticos e botánicos Balmossière-Chartroux pai e fillo. Os regulamentos da Universidade de Turín, de 1777, daquela vixentes no porto de Niza, como parte do Reino de Piemonte-Sardeña, obrigaban aos farmacéuticos e drogueiros "a ter un mozo de laboratorio que dose aprobado despois de sufrir un exame". Risso desempeña con grande habilidade todas as manipulacións do laboratorio, sen descoidar a asistencia a algúns cursos gratuítos e a lectura dalgúns libros cos que axudar aos seus estudos prácticos. Permanece no laboratorio 7 anos no curso dos cales foi, priomeirpo, un alumno destacado e, despois, aprobado. Augustin Balmossière-Chartroux (1729-1813), botánico distinguido (foi quen realizou o primeiro herbario da rexión nizarda contra 1780), e home político, alcalde de Niza (1800-1801) e masón, non fixo máis que estimular ao seu alumno un gusto xa afirmado pola botánica. El foi quen asinou o certificado de sufiiencia como auxiliar de farmacia, constatando a súa habilidade, asiduidade e probidade, o que lle servirá para superear o exame de farmacia o 4 de novembro de 1802.[2]

A partir de 1799, eximido do servizo militar, Antoine Risso prosueguiu a súa formación no Hospital Militar de Niza como alumno e axudante do médico militar François-Emmanuel Fodéré (1764-1835), que ensinaba física e química experimental na Escola Central, e que foi un dos pais da Medicina Legal. Risso alcanzou no hospital a categoría de farmacéutico de 3ª clase. Ademais de traballar no Hospital Militar, despois sería xardineiro xefe da Escola Central dos Alpes Marítimos, no nivoso do ano X da República (decembro de 1801, profesor de física e ciencias natuais no Liceo Imperial (hoxe "Liceo Masséna"), e na Escola Preparatoria de Medicina. Ocupouse igualmente do xardín botánico da cidade.[2]

O 15 do vendémiaire do ano XI (7 de outubro de 1802), coa opinión favorábel da Facultade de Farmacia, Risso foi autorizado pola Comisión Provisional de Saúde, que o goberno francés establecera en Niza, para comparecer perante ela para o seu exame como farmacéutico, o que tería lugar en novembro de 1802. O seu éxito foi eloxiado por F.-E. Fodéré, quen di que ve "o amencer dun día fermoso para a farmacia no seu país". Como farmacéutico, instalou a súa oficina na rúa de Igualdade (hoxe, Praza do Xulgado) conxugando o exercicio da profesión coa ensinanza da física e ciencias naturais no Liceo Imperial. Exerceu de farmacéutico até 1826, ano en que vendeu a súa farmacia para poder dedicarse aos seus estudos favoritos.ref name=P/>

Últimos anos

Cando a morte o sorprende o 25 de agosto de 1845, Risso traballaba nunha Histoire naturelle des figuiers. Por outra parte, o seu estudo sobre os cefalópodos e outros moluscos observadoss nas costas do condado de Niza sería obxecto dunha publicación póstuma, en 1854.

Está inhumado no cemiterio du Château, no outeiro no que dirixiu a súa reforestación para convertelo nun xardín e darlle o seu aspecto actual. Joan Baptista Risso, o seu sobriño e herdeiro universal, fixo gravar na lápida esta inscrición:

HIC JACET
JOS: ANT: RISSO
NICAEENSIS
HISTOR: NATURA:
AMATOR
PHYSI: ET BOTANI:
ANTECESSOR
XXXI ACAD. SOCIUS
OBIIT DIE XXV AUG:
ANNO MDCCCXLV
———————
PRO DEVOTIONE
JOAN: BATISTA RISSO
EIUS NEPOS
Remove ads

Algunhas publicacións

  • 1810 – Ichthyologie de Nice
  • 1816 – Histoire naturelle des crustacés de la mer de Nice.
  • 1818 – Histoire naturelle des orangers (en colaboraciónn con Pierrentoine Poiteau (1766-* 1826 – Histoire naturelle des principales productions du midi de l’Europe et principalement celles de Nice (en cinco volumes con dous mapas xeolóxicos).
  • 1841 – Flore de Nice et des principales plantes exotiques naturalisées dans ses environs.

Ademais, Risso publicou varias memorias e opúsculos sobre a caprification,[4] sobre os insectos prexudiais das oliveiras ou sobre moitos outros asuntos de economía agrícola.[2]

Remove ads

Legado

Descubriu e clasificou unha cincuentena de especies, ás que lles deu nomes de célebres nizardos.

Hoxe e día unha escola, un collexio e un boulevard levan o seu nome en Niza. Ademais, moitos autores denominan, en varios idiomas, ao Grampus griseus como "golfiño de Risso".

Epónimos

Epónimos

Especies vexetais

Abreviaruras

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads