Espada-moeda

amuleto numismático chinés From Wikipedia, the free encyclopedia

Espada-moeda
Remove ads

A espada-moeda é un tipo de amuleto numismático chinés que constitúe unha forma de talismán do Feng Shui, utilizada principalmente no sur da China para escorrentar os malos espíritos e as influencias malignas, en particular as que provocaban febre.[1] Tamén se usaban adoito en rituais taoístas. Na China, as espadas-moeda considéranse «espadas que arredan o mal» (en chinés: 避邪劍; pinyin: bì xié jiàn).[2]

Thumb
Talismán chinés en forma de espada feito con moedas da dinastía Qing, exposto no Museo de Etnografía de Suecia.

As espadas-moeda adoitan estar feitas con moedas da dinastía Qing, concretamente das épocas Kangxi e Qianlong, mais tamén poden fabricarse con moedas máis antigas.

Durante o século XIX e principios do XX, as comunidades chinesas de ultramar, como as que vivían nos Estados Unidos ou no Canadá, tamén utilizaban con frecuencia espadas-moeda, e tanto os comerciantes como os particulares adoitaban comprar moedas chinesas do sistema do cash para as levar a estas comunidades e convertelas en agasallos de voda. As espadas-moeda adoitaban ser un agasallo para as parellas que acababan de casar, para que as pendurasen sobre o leito matrimonial como medio de asegurar a felicidade e a harmonía.[3] Estas espadas adoitan ter unha lonxitude aproximada de 35 a 50 cm e requiren un mínimo de 50 moedas para a súa fabricación, en tanto que as máis antigas, meirandes e profusamente decoradas, adoitan conter unhas 150 moedas de cash.[4]

Remove ads

Denominacións

En chinés mandarín, as espadas-moeda reciben diversos nomes, como bixiejian (辟邪劍 / 辟邪剑, «espada que evita o mal», da que son un subtipo), qianjian (錢劍 / 钱剑, «espada-moeda»), guqianjian (古錢劍 / 古钱剑, «espada-moeda antiga» ) e tongqianjian (銅錢劍 / 铜钱剑, «espada-moeda de cobre»).[5]

Composición

Thumb
Detalle da unión das moedas do amuleto, con fíos amarelos e dourados.

As espadas-moeda chinesas adoitan consistir nunha ou dúas varas de ferro como base, con moedas chinesas de cash xenuínas ou réplicas suxeitas cun fío, unha corda ou un arame, habitualmente de cor vermella,[6][7] aínda que tamén poden ser de cor amarela ou dourada, como cores da realeza.[2]

As espadas-moeda adoitan constar de:[2]

  • Dezaoito moedas situadas na superficie da folla, que ten un grosor de tres moedas.
  • Cinco moedas a cada lado da empuñadura, que adoita ter tres moedas de grosor.
  • Seis moedas desde a empuñadura ata a culata, que adoita ter un grosor de tres moedas.
  • Unha moeda a cada lado da empuñadura, que adoita ter un grosor de tres moedas.

Unha espada-moeda chinesa típica mide arredor de 0,6 metros de longo, e componse dunhas cen moedas cash chinesas de aliaxe de cobre. Na superstición adóitase considerar mellor que todas as moedas ensartadas na espada fosen producidas durante o reinado dun só emperador chinés,[7] e non se poden mesturar con moedas doutras dinastías.[2] A maioría das espadas-moeda chinesas consisten en moedas coa indicación de Qianlong Tongbao (乾隆通寳).[6]

As espadas-moeda constrúense con tres tipos de obxectos diferentes, cada un dos cales se considera preventivo dos malos espíritos no feng shui.[6]

Remove ads

Usos no Feng Shui

Thumb
Detalle da empuñadura dunha espada-moeda.

No Feng Shui, como xeito popular de integrar o simbolismo da espada nos talismáns numismáticos chineses, estas moedas-espada pendúranse habitualmente para escorrentar os demos e os espíritos malignos. O máis común e penduralas encima da cama, nas paredes das vivendas, na parte dianteira e exterior da cortina da cama nupcial ou encima das fiestras dos edificios.[6] A crenza baséase en que os espíritos malignos non ousarían molestar as persoas residentes na casa que amose unha espada-moeda porque esta se parece á que brandía o inmortal taoísta Zhong Kui, famoso na mitoloxía chinesa por ser un asasino de demos malignos.[7]

Os supostos poderes das espadas-moeda non proveñen, xa que logo, do simbolismo de riqueza que habitualmente vén asociado ás moedas, senón que teñen que ver coa forma e co deseño das moedas utilizadas para confeccionar a espada, así como coas orixes dinásticas desas moedas, que levan o título da era do reinado do emperador. Como tal, no Feng Shui o presumible poder das espadas-moeda ha depender en gran medida de que inscrición do emperador chinés estea escrita nas moedas.[2]

Por outra parte, na época de confinamento dunha muller despois do seu matrimonio, era tamén común pendurar unha espada-moeda dentro da cortina da cama nupcial, normalmente nunha posición paralela ao horizonte.[6]

As espadas feitas con moedas da dinastía Qing e coa inscrición Kangxi Tongbao (康熙通寶) considéranse as máis efectivas, xa que o reinado do emperador Kangxi da dinastía Qing durou un ciclo completo de 60 anos do calendario chinés e, consecuentemente, segundo o Feng Shui, as moedas con esta inscrición representan a lonxevidade. Ademais, estas moedas prefírense porque o nome «Kangxi» significa «boa saúde» e «prosperidade».[6]

Usos en rituais taoístas

Share K. Lew, un monxe taoísta formado no Mosteiro da Nube Branca, preto de Pequín, que se trasladou a San Diego, California, explica que as espadas moeda se utilizan habitualmente entre os monxes taoístas chineses de ultramar como substituto das espadas tradicionais de sándalo utilizadas na China. Estas espadas de sándalo utilízanse para escorrentar fantasmas e espíritos malignos, e as espadas-moeda cumpren o mesmo propósito nos rituais taoístas chineses do exterior, xa que as espadas de sándalo son difíciles de conseguir fóra da China.[4]

Remove ads

Simbolismo da espada nos amuletos numismáticos chineses

Os amuletos numismáticos chineses propiamente ditos non empezaron a aparecer ata algún momento da dinastía Han, e a espada ou, con frecuencia, o par de espadas como obxectos investidos de poder convertéronse en símbolos habituais dos amuletos partir desa época.[7]

Thumb
Unha moderna espada-moeda fabricada con réplicas de moedas da dinastía Qing en Winschoten, Groninga.

As espadas foron sempre un tema común nos amuletos numismáticos chineses. Segundo as lendas chinesas, as primeiras espadas apareceron baixo o reinado do lendario Emperador Amarelo, no terceiro milenio antes da nosa era. Durante o Período das Primaveras e os Outonos, desenvolveuse a idea de que as espadas podían utilizarse contra os espíritos malignos e os demos.[7]

Baixo a dinastía Liu Song, as espadas pasaron a ser nun instrumento habitual nos rituais relixiosos, sobre todo nos taoístas. Segundo os rituais taoístas da Caverna Misteriosa e o Tesouro Numinoso (洞玄靈寶道學科儀), para os estudantes de taoísmo era esencial poder forxar espadas capaces de disipar entidades demoníacas. Moitas seitas taoístas formadas durante este período crían que as espadas podían derrotar os demos e tamén contiñan propiedades medicinais. Baixo as dinastías Sui e Tang empezaron a aparecer espadas rituais construídas con madeira de pexegueiro. Por esta época, empezaron a fabricarse tamén amuletos chineses con temas relacionados con espadas; con frecuencia, estes amuletos parecíanse a moedas cash chinesas, pero levaban espadas cruzadas decoradas con cintas ou filetes, xa que os antigos chineses crían que tales elementos potenciaban os poderes do obxecto ao que estaban atados. As espadas chinesas adoitaban levar gravadas imaxes que representaban a Osa Maior, da que se cría que tiña un poder máxico ilimitado, e isto tamén se fixo común nos amuletos que levaban espadas.[7]

A imaxe de dúas espadas nos amuletos chineses procede dunha lenda segundo a cal o líder taoísta Zhang Daoling viu aparecer a Laozi nunha montaña da actual Sichuan e regaloulle dúas espadas. Alternativamente, as dúas espadas tamén poden representar os dous dragónsdunha lenda pola que un home chamado Lei Huan (雷煥) recibiu dúas espadas e deulle unha ao seu fillo Lei Hua (雷華), quen a perdeu nun río; cando un servente se dispuña a buscala e recuperala foi testemuña de dous dragóns chineses enroscados e entrelazados.[7][8]

Os talismáns chineses de espadachíns adoitan representar un dos inmortais taoístas Zhong Kui ou Lü Dongbin.[9] Os espadachíns tamén aparecen en amuletos do zodíaco, en amuletos Bagua, en pezas de xadrez de cairo de elefante, en amuletos de pechadura e noutros amuletos numismáticos chineses. Outro personaxe que aparece nos amuletos chineses é Zhenwu, considerado o guerreiro perfecto.[7][10]

Os sacerdotestaoístas utilizan espadas-moeda debido a este simbolismo para os rituais para se desfacer do mal, cun pano vermello envolto na súa empuñadura. Estes sacerdotes tamén poden utilizar ás veces unha espada de madeira de pexegueiro como alternativa ás espadas-moeda.[2]

Remove ads

Espadas-moeda en museos occidentais

As espadas-moeda están representadas nas coleccións de varios museosdo mundo occidental, como o Museo Británico de Londres, a Colección do Laboratorio de Arqueoloxía da Universidade de Durham, o Museo Nacional da Historia Americana de Washington, o Museo Nacional de Escocia, o Museo e Xardíns Horniman de Londres, o Museo da Ciencia de Londres etc.[5]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads